lunes, 23 de enero de 2012

Un desexo: PAZ

Gustaríame ser
a fada dalgún conto
para poder vivir
o que eu queira de pronto.
Ter esa vara máxica
que cumpra exactamente
cada capricho novo
que acuda á miña mente;
e no patio da noite
saltar estrelas
e, pasiño a pasiño,
falar con elas.
Comprar enormes lentes
alucinantes,
para ler cada libro
que hai nos estantes.
No máis alto das nubes
ter unha casa,
voar como unha pomba
e ver qué pasa.
Converterme nos campos
en bolboreta
con dúas ás fermosas
e moi coquetas.
Pero se o penso ben
mellor sería
que esa variña  dese
sol e alegría
para espantar dos rostros
dores, tristezas,
poñer PAZ entre os pobos
quitar pobrezas.
Do libro "Tres voltas ó planeta" de Ana Mª Fernández

No hay comentarios: