jueves, 21 de junio de 2018

Recomendacións lectoras

Rematamos o curso coas recomendacións de lectura para o verán.



lunes, 18 de junio de 2018

Xabier Estévez, Avións de papel

O venres recibimos a vista do autor de Avións de papel, Xabier Estévez quen respondeu a tódalas preguntas e dúbidas que tiñamos sobre o libro. Avións de papel on PhotoPeach

jueves, 14 de junio de 2018

Ledicia Costas, Andrés Meixide, Susa Herrera...

E aquí vai un recordatorio da pasada semana:
Conversamos con Ledicia Costas e Andrés Meixide sobre o seu libro "A Señorita Bubble" e de paso preguntamos algunha dúbida sobre "Escarlatina, a cociñeira defunta":


Ledicia Costas e Andrés Meixide on PhotoPeach

En abril foron os pequenos do cole os que tiveron a sorte de disfrutar das cancións de Susa Herrera. Quedamos tan contentos que decidimos repetir a experiencia.
Cantamos e pasámolo xenial con Susa Herrera e Lara, a nosa compañeira:




Susa Herrera on PhotoPeach
 

 Recomendámosvos os libros:
 


lunes, 11 de junio de 2018

Doutor Fleming e a Ciencia

En 6º de primaria mergulláronse no mundo dos protozoos, dos virus, dos fungos e das bacterias. Todo quedou plasmado en murais e en traballos en impress que o alumnado expuxo:




Completaron as súas investigacións visitando algúns museos de ámbito científico na cidade da Coruña:


Para o día internacional da muller, investigaron sobre mulleres científicas:


viernes, 8 de junio de 2018

Doutor Fleming e a Ciencia

En 5º de primaria adicáronse a investigar sobre diversas enfermidades, as infecións, as vacinas, os antibióticos e o instrumental de laboratorio. Por suposto, os datos biográficos de Alexander Fleming non faltaron.

 




jueves, 7 de junio de 2018

Doutor Fleming e a Ciencia

Os nenos e nenas de 4º investigaron sobre os lugares nos que naceu, viviu e faleceu Alexander Fleming: Escocia e Londres.




En 3º exploraron sobre materiais e elaboraron unhas maquetas así de bonitas:

miércoles, 6 de junio de 2018

Doutor Fleming e a Ciencia

En 2º, traballaron moi duro durante o curso para ampliar os seus coñecementos relacionados con Alexander Fleming e a Ciencia:
  • A mascota foilles formulando preguntas sobre o doutor que lles permitiu, a través das súas investigacións e con axuda da familia, dos libros e da web, descubrir a Fleming. 
  • Convertéronse en inventores e falaron dos inventos máis importantes da historia da humanidade.
  • Investigaron sobre a alimentación e fixeron unha pirámide dos alimentos, que lles permitiu ver facilmente cales deben consumir en maior cantidade e cales non; ademais investigaron sobre os nutrientes que conteñen e o que aportan.
  • Recibiron a visitas de pais e nais (médico, farmacéutica, óptica, traballadora da ONG Médicos  sen fronteiras) que lles falaron das enfermidades, dos xermes, dos alimentos, da placa de Petri...
  • Fixeron experimentos científicos e elaboraron un caderno con todos eles.
  • Exploraron o Universo: fixeron carteis sobre os distintos planetas, as estrelas e os astronautas.
  • Traballaron sobre os aceites esenciais e naturais como remedios para a curación e prevención de enfermidades leves a maioria relacionadas coa pel.
  • Co gallo que en 1928, Fleming descubriu a penicilina, traballamos a Andy Wharhol, nacido no ano do descubrimento e creador do Pop Art.








martes, 5 de junio de 2018

Doutor Fleming e a Ciencia

Durante o curso, os nenos e nenas de 1º traballaron sobre a figura de Alexander Fleming: datos biográficos, investigacións, descubrimentos...
Ademais, elaboraron un mural aplicando a técnica de cores de Andy Warhol e mesmo modelaron con plastilina a figura do doutor.
Entre os catro grupos de 1º, aproveitando as súas investigacións sobre os antibióticos, fixeron un mural sobre os alimentos con propiedades antibióticas e bos para a saúde, ademais das plantas medicinais: A fonte da saúde. Que vos parece?

Completaron as súas investigacións coa visita á Fundación Sales, onde coñeceron diferentes especies de plantas e árbores:







domingo, 3 de junio de 2018

Elefantes de papel

A nosa compañeira María Salinas e Berto Pirata estiveron conversando con nós sobre o seu libro solidario "Elefantes de Papel". Moi interesante a reflexión! Grazas por compartir este ratiño!


Proxecto Solidario on PhotoPeach