viernes, 24 de febrero de 2012

Preparando o documento sobre os deportes olímpicos.

O equipo de biblioteca pon en marcha dende o entroido, coa colaboración de todo o profesorado especialista, unha iniciativa festiva e de traballo documental sobre os deportes olímpicos, preparatoria dos xogos de Londres 2012.

Colabora e lidera este traballo documental o membro da biblioteca e especialista en educación física, Fernando Liz Marzán, que conta coa colaboración dos outros compañeiros desta área, para que todo o alumnado dende 4º de Primaria participe na súa elaboración.

viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO OLIMPICO NO FLEMING



MASCOTAS OLÍMPICAS

Así ven as mascotas olímpicas os nenos e nenas do Ciclo I . 
Son uns artistas!!!






jueves, 16 de febrero de 2012

Coplas do entroido 2012.

O alumnado do 3º ciclo preparou as coplas deste entroido, moitas partes serán lidas na festa das Olimpíadas do colexio.
Para ler todas, pasa as follas do libro.

Pictogramas dos deportes olímpicos.

Comproba se coñeces os pictogramas empregados nas olimpíadas.

domingo, 12 de febrero de 2012

LIBROS PARA SENTIR

Na Biblioteca temos unha exposición de libros que che van chegar ao corazón. Lecturas que falan de sentimentos hacia os pais, os amigos, as mascotas, a parella... Seguro que atopas algún que che guste.

Tamén podes facer estas fichas sobre os cinco libros que eliximos para esta semana e dos que atoparás ilustracións nos corredores do colexio. Anímate!!!


miércoles, 8 de febrero de 2012

AMIGOS

Amizade entre un can e un golfiño. Precioso!!!