viernes, 21 de diciembre de 2018

Recomendacións lectoras para o Nadal

Marchamos de descanso uns días, pero deixámosvos aquí unha selección de libros para que adiquedes un anaquiño do voso tempo de lecer á lectura:



jueves, 20 de diciembre de 2018

Bibliotecas do mundo

Así deixamos o mural de Bibliotecas do mundo por este trimestre. Seguro que no seguinte aumentan as aportacións:

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Club de lectura: O carteiro de Bagdad

Hoxe foi o último día do club de lectura. Aínda que foi un libro triste, gustoulles aos participantes e desfrutaron do xogo que tiñan esperándolles para ver quen estivera máis atento na súa lectura. Velaí unha fotiño dalgúns dos participantes

martes, 18 de diciembre de 2018

Club de Lectura: Muriel

Chegamos á última reunión do club de lectura e toca despedirse. Facémolo deixándovos as nosas impresións sobre o libro:


jueves, 13 de diciembre de 2018

Novidades

Últimas novidades do ano:
1

martes, 4 de diciembre de 2018

Fotos da quincena do cómic

Quincena do cómic 18/19 on PhotoPeach

lunes, 3 de diciembre de 2018

Día da discapacidade

Hoxe é o Día das persoas con discapacidades.
Na biblioteca poderedes disfrutar dunha selección de contos e algunhas sorpresiñas máis.


Gracias á ONCE polos seus agasallos e os seus préstamos!

domingo, 2 de diciembre de 2018

Club de lectura: O Capitán Maimiño

Hoxe tivemos a penúltima reunión do Club de Lectura de 4º: "O Capitán Maimiño".



Deixámosvos aquí as nosas opinións e algunhas ideas que sacamos despois de ler o libro:

domingo, 25 de noviembre de 2018

Actividades para a Quincena do Cómic

Agora podedes xogar desde a casa: xa están dispoñibles as actividades da Quincena do Cómic.

Tamén podedes descargar a plantilla de respostas e...

despois as solucións! pero non fagades trampas!!

Aquí atoparás as solucións:
                   


Información sobre o Cómic on PhotoPeach. Clica AQUÍ 


Hai unha serie de pistas que deberás buscar ti na web porque non están dispoñibles coma na biblioteca:


Aínda que non temos a caixa de respostas, podes deixarnos algún comentario:

viernes, 23 de noviembre de 2018

Algúns afillados/as compartiron un ratiño de lecer en torno ao cómic cos seus padriños e madriñas: xogos, lecturas, crebacabezas e outras actividades.




jueves, 22 de noviembre de 2018

Quincena do cómic

Últimos cómics chegados á biblioteca!!

martes, 20 de noviembre de 2018

Quincena do cómic

Fixádevos no carriño de libros temáticos: tedes unha selección de cómics relacionados con Astérix e Obélix e Tintín. No mostrador da biblio tamén dispoñedes de varios DVDs.






lunes, 19 de noviembre de 2018

Quincena do Cómic

Comezamos a Quincena do Cómic. O primeiro que poderedes observar son as vidrieiras do Cole; daranvos unha pista dos personaxes sobre os que imos traballar:
Recorda que todas as actividades do curso están relacionadas co Proxecto Anual. Neste caso, son personaxes de Cómic que viaxan polo mundo:

           

                                  ASTÉRIX E OBÉLIX                                    TINTÍN E MILÚ

domingo, 18 de noviembre de 2018

Novidades - cómic

Non é unha coincidencia que as novidades desta semana sexan na súa maioría Cómic!!

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Boletín informativo

Dispoñible o boletín informativo do curso:

lunes, 5 de noviembre de 2018

Novidades

Regresamos duns días de descanso con lecturas frescas. 
Fíxate no andel de novidades!

jueves, 1 de noviembre de 2018

Recomendacións lectoras

Aquí vai unha de lecturas para estas datas...



martes, 30 de octubre de 2018

Samaín

Estas semanas a biblio presenta un aspecto diferente, nótase que estamos na semana terrórifica do ano!!





lunes, 29 de octubre de 2018

Celebramos o Samaín

Se visitas a biblioteca estos días poderás disfrutar dunha selección de libros e películas relacionadas con estas datas.

Comproba se es tan valente como cres!🧙‍♂️🧙‍♀️🧟‍♂️🧟‍♀️


viernes, 26 de octubre de 2018

Exposición de bibliotecas

O proxecto anual lévanos a viaxar por todo o mundo. Propoñémosvos que traigades fotos de bibliotecas que vos gusten, que visitarades, ás que vaiades habitualmente... para crear un gran mural con imaxes de todos/as.

jueves, 25 de octubre de 2018

Bibliotecas do mundo

Algunhas aulas están a preparar as súas aportacións para o mural "Bibliotecas do mundo":

miércoles, 24 de octubre de 2018

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares; festexámolo cunha pequena exposición de Bibliotecas do Mundo que nos prestou a BIBLIOTECA PÚBLICA DE VIGO JUAN COMPAÑEL:

Comezamos así coa primeira actividade do Proxecto Anual: A VOLTA AO MUNDO!


lunes, 22 de octubre de 2018

Clubs de lectura

Esta semana comezan os clubs de lectura. Podes consultar os listados dos grupos e as datas de reunións no taboleiro da biblioteca.

Boas lecturas!!!

lunes, 15 de octubre de 2018

Kalandraka TV

Kalandraka presenta un novo proxecto: KALANDRAKA TV. ç
Trátase dunha canle de televisión dixital sobre literatura infantil e xuvenil con entrevistas, reportaxes, actualidade, recomendacións literarias...



jueves, 11 de octubre de 2018

Mochilas viaxeiras

Este ano as mochilas viaxeira levarante de viaxe polo mundo. Estos son algúns dos libros dos que poderás disfrutar:
 Serviranche para achegarte ao tema do proxecto anual!