martes, 20 de mayo de 2025

Visitas con encanto

Ao longo dos meses de marzo e abril estamos a recibir aos autores, autoras e ilustradoras dos libros que lemos durante o curso. 
 

 

-       Visitas de autores:

 

·         11/3/25. Quinto curso  Autora Clara do Roxo co seu libro “ A raposa muiñeira”

                  ·         19/3/25. Terceiro curso. Autora Marta Villar co seu libro “ O peidos Máxicos de Sultán”.

·         19/3/25. Segundo curso. Autora Ledicia Costas co seu libros libros: “  Curriño Benvido ao equipo “ e “ Curriño o can influencer”.

·         22/4/25. Cuarto curso. Carlos Meixide co seu libro “ Anxela e Spencer”.

·         22/4/25. Sexto curso. Autora Andrea García Martínez co seu libro “ Animais Fantásticos de aldea “.

 
                                       Carlos Meixide                                              Clara do Roxo



                                            Marta Villar                                               Ledicia Costas




 

lunes, 19 de mayo de 2025

Clubs de lectura

Rematamos os primeiros clubs de lectura do curso.



Deixámosvos os programas de radio para que escoitedes sobre os libros "O xenio da Cidade do Sal" de Fina Casalderrey e "Invisible" de Eloy Moreno.

 CLUB LECTURA

jueves, 24 de abril de 2025

Día do Libro

Como vén sendo costume no cole, este 23 de abril non podiamos pasar sen conmemorar o DÍA DO LIBRO. Os padriños e madriñas pasaron a recoller aos seus afillados e afilladas para compartir un tempiño marabilloso de lectura. 







A orixe do día do libro remóntase a 1930. 
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a elixida para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores/as e alentar a todos/as, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.

lunes, 31 de marzo de 2025

Semana da Prensa

Conmemoramos a Semana da Prensa con reportaxes sobre películas e pescudando novas en xornais sobre o tema pois, este ano, estamos a traballar no proxecto sobre o Cine.







lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía

Conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro cunha árbore chea de vida grazas aos versos dos poemas que a nosa escritora máis universal nos deixou. 






viernes, 20 de diciembre de 2024

Quincena do cómic


Como é habitual no Cole, adicamos unha quincena do primeiro trimestre a traballar sobre o Cómic. Nesta ocasión Mortadelo e Filemón visitaron a nosa cidade, Vigo, tal e como podedes ver nas tiras creadas polos nenos e nenas de 6º!

 




 

Recomendacións lectoras!

 Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este nadal!

Seguro que pasades un bo ratiño lendo algún destes libros.

Felices festas!!!






domingo, 10 de noviembre de 2024

Novidades

 Primeiro boletín de novidades para o profesorado.








sábado, 26 de octubre de 2024

Lecturas terroríficas

Deixámosvos unhas recomendacións lectoras para este Samaín; as podedes atopar na biblioteca. 👻






jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas






Benvidas e benvidos a un novo curso!!

Como cada ano hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. Dende 1997 celébrase o Días das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asocación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

O lema deste ano, "Por un futuro sositible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A través das súas coleccións e servizos as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.


Desde o noso centro queremos presentarvos o noso proxecto deste curso: Un cole de cine. Ao longo de todo o curso realizaremos moitas actividades relacionadas con este tema.
Ademais, esta semana repartimos as maletas viaxeiras, as caixas de contos, as mochilas viaxeiras...Esperamos que as disfrutedes!
Tampouco vos esquezades que xa comezamos cos recreos na biblio. Esperámosvos!!














jueves, 20 de junio de 2024

Recomendacións lectoras

 Boas tardes!!

Deixámosvos por aquí algunhas recomendacións lectoras para o verán.

Que teñades moi boas vacacións!!!!





lunes, 3 de junio de 2024

sábado, 25 de mayo de 2024

Enquisa alumnado

Esta é a enquisa que tedes que cubrir os cursos: 3ºA, 4ºA, 5ºA e 6ºA: Enquisa alumnado

Recorade que tedes ata o luns 3 de xuño.

Gracias!!!

viernes, 26 de abril de 2024

Día do Libro

 O 23 de abril celébrase o Día do Libro.  E seguro que pensades... E porque esta data e non outra?

A orixe do día do libro remóntase a 1930.

O 23 de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a elixida para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores/as e animar aos máis xoves a mergullarse na lectura.




Nós para celebralo tivemos moitas actividades.

As clases de 3º e 5º traballaron o libro "Unha botella de lentellas" e recibiron a visita de Leticia Barbadillo, compartiron inquedanzas e anécdotas.



Por outro lado, Carlos Meixide viu visitar as clases de 4º, co seu libro "Ánxela e Spencer".





Os máis pequenos e pequenas do cole tamén disfrutaron da visita de Ramón Romero. Gustunos moito o seu conto "A abelliña que perdeu as ás", co que traballamos a poesía de forma moi divertida.




Ademais deles, tamén tivemos outras visitas para celebrar este día.
Sabela Gago, actriz e profesora da compañía de teatro Sarabela Teatro, visitou a 2º.

Tamén realizamos un apadriñamento lector, e como o tempo o permitiu, poidemos facelo ao aire libre no patio todos xuntos.





Tamén realizamos convivencia lectora cos nosos compis do Vila Laura, algunhas clases subimos a visitalos e outras recibimos a súa visita.



Ademais, nos recreos, o voluntariado de biblio de 6º preparou uns contos para o alumnado de 1º.  Elixiron 4 contos: “El sombrero del Mago”, co que traballamos “as palabras máxicas” e a imaxinación; “Ata que poidamos abrazanos”, co que traballaron valores como a amizade ou ser capaces de amosar diferentes formas de querer; “Empanada de Mamut” ou “Pepita es especial” co cal aprendemos que as diferencias non son malas e coñecimos información acerca do Síndrome de Down.

E para amenizar esta semana, non podía faltar algo de música! Tivemos a sorte de ter un concerto didáctico de trombón para o alumnado de 3º, nel participaron alumnos do noso centro e o seu profesor. Parabéns pola vos actuación!