lunes, 27 de abril de 2009

NOVAS TECNOLOXIAS NO DIA DO LIBRO

Noraboa alumn@s de 6º polo voso traballo na celebración do Dia do Libro.
Elixiron os contos de bruxas cos que estamos a traballar neste curso, escanearon imaxes, fixeron presentacións en Power Point, estrearon o proxector e a pantalla que mercamos para a Biblioteca e contaronlles os contos a todo o alumnado de primeiro e segundo.
Pasárono todos estupendamente.


miércoles, 22 de abril de 2009

NA ILLA DE SÁLVORA

Hoxe é o Día da Terra. Penso que teríamos que celebrar todos os días e dar as gracias por esta Terra tan fermosa que temos.
Mirade este cachiño dela, na Illa de Sálvora, a onde foron onte os nen@s de 5º cos seus profesor@s.

viernes, 3 de abril de 2009

Ler contos de bruxas no mes do libro.

Abril é o mes do libro... e xa que este ano temos de título: "A nosa terra feiticeira" escollimos ler contos de bruxas... asique iremos poñendo os libros que vamos recomendando cunha "ficha de animación á lectura", para que ao ler as preguntiñas que propoñemos, teñades curiosidade de saber de que vai o conto... asique premede sobre os libros e cuidado... quedaredes enganchados ás lecturas!!!