Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2023

Contacontos no EEI Vila Laura

E seguimos con actividades realizadas polo Día do Libro.

Este ano os nosos compis do colexio EEI Vila Laura invitáronnos a realizar unha xornada de apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º sentouse con 2/3 alumnos das diferentes clases de infantil para contarlles un conto...foi unha actividade moi bonita!!

Despois fixemos un taller de Gloria Fuertes co alumnado de 5 anos nas súas aulas. Léronlles un poema e o ilustraron xuntos.

Foi unha xornada de convivencia moi chula!

Podedes ver un vídeo resumo deste día e o enlace ao seu blog. Pincha aquí: http://vilalaurainfantil.blogspot.com




sábado, 29 de abril de 2023

Apadriñamentos lectores

E aquí vos deixamos un vídeo dos apadriñamentos lectores, pasámolo moi ben compartindo lecturas cos compañeiros e compañeiras!


domingo, 5 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller, na biblioteca temos unha exposición de libros cos que podedes coñecer a moitas mulleres importantes que fixeron historia.




jueves, 23 de febrero de 2023

Hoxe celebramos o Día de Rosalía

E despois de traballar sobre ela todo este mes, chegou o 23 de febreiro día da súa conmemoración.... E por que esta data? Porque como xa sabedes Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro de 1837.

Na hora lectora escoitamos os poemas gañadores do "Concurso de poesía Rosalía de Castro" e a canción realizada polo alumnado de 3º en música. Na entrada podedes ver estos poemas  e os debuxos gañadores do "Concurso de debuxo de Rosalía de Castro", inspirados na cor correspondente de cada curso. Tamén vos deixamos o enlace ao podcast para que as familias vos animedes a escoitalos.



Podcast Rosalía de Castro

Gracias a todos e todas pola vosa participación!!!!








sábado, 29 de octubre de 2022

Celebramos o Samaín!

Esta semana semana estivemos celebrando o Samaín realizando diversas actividades:

Por un lado, decoramos as portas, as clases, os corredores, aprendemos palabras en galego relacionadas co medo coas que fixemos un mural e decoramos as paredes. 
E, por outro lado, trouxestes as vosas cabazas terroríficas, como o proxecto deste ano é Un mundo de cores, cada curso tiña asignada unha cor coas que pintalas e o resultado foi incríbel! Grazas familias pola vosa colaboración.

Tampouco faltou o túnel do terror, onde as vosas cabazas agochábanse esperando que as visitarades.

Que teñades unha boa ponte! Vémonos á volta.

















martes, 23 de febrero de 2021

Rosalía, unha superheriona

Día de Rosalía
Imaxe do CEIP Milladoiro


#Rosalía7lugares 
Ortoño (Ames), Cornes, Porén, Santiago, Padrón, Vigo, Bastavales, Lestrove (Dodro)
Poderías investigar que relacion teñen estes lugares con Rosalía
"Rosalía, a superheroina que cos seus poderes defende os dereitos de Galicia e das mulleres galegas"


Rosalía é o "Rock "




Tamén facendo "Rap"




Para saber máis...













Para saber moito mais, preme aquí

viernes, 24 de abril de 2020

Día do Libro


 Naia  comparte unha preciosa historia. (4ºD)



Álvaro e o seu amigo Greg cóntamos outra historia (4ºD)


Nico e o seu conto (4ºD)






Elena conta a súa historia. (4ºD)