miércoles, 30 de enero de 2013

Teatro: Os dedos da man.


O noso día da PAZ.

Celebración do día da PAZ no salón de actos. Participa todo o centro en catro grupos, unidos os cursos da mesma letra, baixo a coordinación do alumnado de 6º.
Xunto á lectura do manifesto da PAZ realizáronse actividades como a visualización da obra de teatro "Os dedos da man" e a interpretación da canción elexida... dentro dunha celebración chea de ledicia.
 Parabéns a tod@s e feliz día!!!
Coñeceredes o nome deses monicreques tan ben vestidos... non? 




domingo, 27 de enero de 2013

Comeza a semana da Paz e a multiculturalidade 2013


O luns día 28 de xaneiro comeza no colexio a "Semana da paz e a multiculturalidade", a biblioteca estará aberta para visitar a exposición de obxectos de Etiopía cedidos polas nosas familias galego/etíopes. Tamén será posible visionar dúas películas: unha elaborada no propio centro sobre diferentes partes do país, e a outra cedida por Menoria para coñecer a vida do atleta Abebe Bikila. 

Abaixo podedes visualizar o trailer da película.

viernes, 25 de enero de 2013

Atletas etíopes

Fernando prepara este material tan interesante, para saber moito máis... Toca ler en educación física.

jueves, 24 de enero de 2013

Pinceladas de Etiopía.

Trátase dun país grande e cheo de contrastes, polo que para comezar podemos visualizar un vídeo dunha hora no que algúns españoles que traballan en Etiopía dan unha visión real do que acontecía alí no 2009. Preme para acceder ao vídeo.
 

É interesante tamén o vídeo de Ovidio Fernández "Shoots from Abyssinia", longametraxe no que un rapaz etíope reencóntrase coa súa terra. Este é un trailer. 

Neste vídeo "Sabores do mundo. Etiopía" persoas de orixe Etíope que están en España falan da súa vida aquí.
De interese o vídeo de Acompáñame Etiopía de Popular TV.

sábado, 19 de enero de 2013

Diario dunha viaxe a Etiopía.

Atopamos na rede este diario debuxado da viaxe dun aventureiro, Joaquín González Dorao, por Etiopía... pareceunos unha estupenda sorpresa que tiñades que ver!!

domingo, 13 de enero de 2013

Preparando a semana da Paz.

A celebración no centro do día 30 de xaneiro, día da paz e non violencia, vai quedar enriquecido co achegamento á cultura etíope... preparádevos que estamos no camiño!!
Xiralibro en amárico.

Averigua como é a escritura do teu nome en amárico.
Traductor español-amárico.

Coñece a escritura, pronunciación e significado dos nomes etíopes. Preme aquí para acceder ao enlace alfabético.