miércoles, 30 de junio de 2010

Felices vacacións!!!


Xa canso do turismo de cidade, Xiralibro vai facer unha viaxe... Veredes en setembro algunha foto dos lugares que vai visitar.
Animádevos a escribir, debuxar, insertar as vosas fotos... para elaborar o voso caderno de viaxe.

NON ESQUEZADES A HORA DE LER NO VERÁN!!

Botade unha ollada ao tríptico "Guia de lecturas" que levastes á casa, ou premede AQUI.

martes, 22 de junio de 2010

Exposición de fin de curso.

Na entrada principal pódense ver os traballos elaborados ao logo do curso.


Destaca o traballo realizado sobre os pintores e pintoras da nosa terra.

Parabéns a toda a comunidade escolar!!!

Agradecemos especialmente ao equipo de normalización lingüística o traballo conxunto.

lunes, 21 de junio de 2010

KIN-BALL CON 5º

O alumnado de 5º curso estivo practicando Kin-Ball con monitores de CSAAFD, da Secretaría Xeral de Deportes.
Que ben manexan a bola!!!


sábado, 19 de junio de 2010

Premio para 5ºA

O alumnado de 5º A recibiu o segundo premio do concurso "Mergullándonos nas Illas Atlánticas" coa foto Un peixiño con cuncha .
Parabéns.
A súa titora, Mª Carmen, preparou este video.

jueves, 10 de junio de 2010

Teatro no 1º ciclo

AS FORMIGAS, unha obra que Chus Álvarez e Simón Iglesias, da compañía Casahamlet, puxeron en escea para o alumnado de 1º e 2º.
Pasárono estupendamente.