Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de octubre de 2022

Celebramos o Samaín!

Esta semana semana estivemos celebrando o Samaín realizando diversas actividades:

Por un lado, decoramos as portas, as clases, os corredores, aprendemos palabras en galego relacionadas co medo coas que fixemos un mural e decoramos as paredes. 
E, por outro lado, trouxestes as vosas cabazas terroríficas, como o proxecto deste ano é Un mundo de cores, cada curso tiña asignada unha cor coas que pintalas e o resultado foi incríbel! Grazas familias pola vosa colaboración.

Tampouco faltou o túnel do terror, onde as vosas cabazas agochábanse esperando que as visitarades.

Que teñades unha boa ponte! Vémonos á volta.

















martes, 12 de mayo de 2020

O homenaxeado deste ano das Letras Galegas é RICARDO CARVALHO CALERO.
Aquí vos deixamos varios recursos:

- Actividades do Seminario Galán: ENLACE

- "Scape Room": ENLACE

- Telexornal do CPI dos Dices (Rois- A Coruña)

sábado, 24 de febrero de 2018

Día de Rosalía


Libros de Rosalía de Castro



Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se musican os grandes clásicos da literatura galega. Nunca antes se escoitara a Rosalía ou a Curros cantados desta maneira. A sorpresa é grande, e a calidade musical tamén. Xa que logo, Rapoemas é unha viaxe que vai dende o século XIX, cando foron escritos moitos destes textos que tan ben coñecemos, ata este século XXI cheo de ritmos novos.
Clica AQUÍ para saber máis da súa vida.

lunes, 23 de octubre de 2017

Lecturas para estas datas

Se xa pasaches pola Biblio, comprobarías que está algo cambiada. Repara nos andeis de libros temáticos porque están a túa disposición unha selección de lecturas que, seguro, che farán pasar un bo ratiño. Recorda que deberás ser moi valente!!!!!!!!




lunes, 26 de octubre de 2015

Semana Literaria

Este luns comeza a SEMANA LITERARIA dentro do Calendario que o Equipo de Normalización promove e que desde as aulas facemos realidade. Este mes de outubro está adicada a JACOBO FERNÁNDEZ e desde a Biblioteca queremos amosarvos os títulos dispoñibles para que poidades disfrutar deles. Animádevos a lelos!


miércoles, 25 de abril de 2012

O anano saltareiro. Videoconto en galego.

Adaptación do conto dos irmáns Grimm en galego, narrado polo alumnado de 6ºA, son Pepinot de "Les Choristes" e imaxes adaptadas de Tony Wolf.

A casiña de chocolate. Videoconto en galego.

Videoconto dos irmáns Grimm en galego.
Ilustracións da editorial Susaeta, son de Amelie e voces do alumnado de 4º e 6º (os nomes aparecen nos créditos do vídeo). 

martes, 17 de abril de 2012

O zapateiro e os trasnos. Videoconto en galego.

Vídeo dun dos contos de Grimm en galego, imaxes da Editorial Combel e  son  Pepinot, Les Choristes.

martes, 28 de junio de 2011

Calendario de Normalización Lingüística





O equipo de normalización lingüística xunto con todo o profesorado e alumnado do centro foi elaborando este calendario, coas datas máis salientables de cada mes.

domingo, 18 de octubre de 2009

Comprensión lectora de contos en galego.


Escoita e le estes contos... logo contesta as preguntas propostas e averigua todo o que comprendiches.
Estes mesmos contos podes lelos noutras linguas.

jueves, 18 de diciembre de 2008

A LINGUA ANIMADA

Os nosos amigos XULIA e MIK do blogue O RECANTO DE MIK atoparon nalgures, estas curtametraxes de Flocos.TV, cineclube do audiovisual galego, e quixeron compartilas con nós.

Son sete animacións baseadas en textos de coñecidos autores como Cunqueiro ou Murguía, baixo o titulo xenérico de A LINGUA ANIMADA. Foron realizadas por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003.


(Preme enriba de cada unha para visionalas)


















VER CONTRATACIÓN E NORMAS DE USO (Cinemas Dixitais, Axencia Audiovisual Galega)