lunes, 30 de abril de 2012

ABRIL NO FLEMING

No Colexio Fleming tamén celebramos o mes do libro e adicámosllo  aos irmáns Grimm. Fixemos sesións de contacontos, teatro de monicreques, videos con imaxes de contos e as voces dos nenos e nenas, representacións teatrais, e varias cousiñas máis. Aquí tedes unha mostra.

jueves, 26 de abril de 2012

Decoración de Grimm nas paredes.

Eres quen de contestar as 8 preguntiñas de Xiralibro mentres pasas as páxinas?...

miércoles, 25 de abril de 2012

O anano saltareiro. Videoconto en galego.

Adaptación do conto dos irmáns Grimm en galego, narrado polo alumnado de 6ºA, son Pepinot de "Les Choristes" e imaxes adaptadas de Tony Wolf.

A casiña de chocolate. Videoconto en galego.

Videoconto dos irmáns Grimm en galego.
Ilustracións da editorial Susaeta, son de Amelie e voces do alumnado de 4º e 6º (os nomes aparecen nos créditos do vídeo). 

viernes, 20 de abril de 2012

María Reimóndez visita ao alumnado de 6º do Fleming.

Tivemos a sorte de recibir o venres 20 de abril a María Reimóndez no colexio... mágoa que so puidese participar desta actividade o alumnado de 6º!!
Preme aquí para coñecer máis cousas desta escritora, tradutora...

martes, 17 de abril de 2012

O zapateiro e os trasnos. Videoconto en galego.

Vídeo dun dos contos de Grimm en galego, imaxes da Editorial Combel e  son  Pepinot, Les Choristes.

domingo, 1 de abril de 2012

Dalle cor aos contos de Grimm.

Preme sobre a imaxe para dar cor en liña a esta imaxe, e outras, dos contos de Grimm.
Debuxos de http://www.yodibujo.es