miércoles, 4 de mayo de 2022

Semana do Libro

Unha de contos...

Este curso retomamos os apadriñamentos lectores para conmemorar o Día do Libro. Que ben o pasamos e canto botabamos de menos pasar un anaquiño cos compañeiros e compañeiras.

martes, 3 de mayo de 2022

Concurso Radio na Biblio

Este é o segundo ano que o cole se presenta ao Concurso de Podcasts - Radio na Biblio.

Emocionadísimos quedamos co traballo realizado. Agardamos ter sorte!

Se queredes escoitalo, clicade na imaxe:



lunes, 2 de mayo de 2022

Scrabble

Xa temos os cursos gañadores do Scrabble!

Despois dunha longa e dura partida durante o trimestre, 5ºB e 4ºD foron os grupos que acadaron unha maior puntuación. 




Esta semana recibiron o diploma correspondente e o agasallo! Xa poden seguir practicando! 

Parabéns para eles!

domingo, 1 de mayo de 2022

Encontros con autores

SEMANA DO LIBRO

Esta foi unha semana chea de actividade. Non é para menos, conmemoramos O DÍA DO LIBRO.

Comezamos o luns coa visita de Andrea Maceiras, autora do libro A folla azul:





 



Rematamos o venres coa visita de Antonio Fraga, autor do libro Papá Caníbal: