Sabendo que o alumnado do centro ten moitísimos coñecementos sobre as olimpíadas, o equipo de biblioteca propón un reto de 10 preguntas. Enlace ao documento coa información.
As contestacións deberán conter o nome, apelidos e curso e letra dos participantes, e serán entregadas na secretaría antes do 8 de juño.
Aparecerá no blog o nome do alumnado "superatopador olímpico" que acerte todas as preguntas... e entre eles farase o sorteo dun regalo-sorpresa.
Neste Issuu agrúpase a información de varios deportes... Atletismo, Bádminton, Baloncesto, Balonmán, Boxeo, Ciclismo, Esgrima... a orde está no documento.
Traballo de documentación realizado polo alumnado do 2º e 3º ciclo, na materia de Educación Física.
O equipo de biblioteca pon en marcha dende o entroido, coa colaboración de todo o profesorado especialista, unha iniciativa festiva e de traballo documental sobre os deportes olímpicos, preparatoria dos xogos de Londres 2012.
Colabora e lidera este traballo documental o membro da biblioteca e especialista en educación física, Fernando Liz Marzán, que conta coa colaboración dos outros compañeiros desta área, para que todo o alumnado dende 4º de Primaria participe na súa elaboración.