viernes, 26 de octubre de 2012

Saen as mochilas viaxeiras.

Mochilas viaxeiras on PhotoPeach O 24 de outubro saen as mochilas viaxeiras. Neste curso complétanse todos os niveis coa incorporación das de 6º. Parabéns a todo@s!

miércoles, 17 de octubre de 2012

Descubrindo o novo espazo.

 O alumnado do 2º e 3º ciclo comeza a descubrir cos seus mestres titores a organización do novo espazo... Na entrada Xiralibro lémbralles cales son as partes importantes dun lector, e coma sempre a imaxe amosa o bo exemplo do que queremos lograr con eles, que non é outra cousas que conseguir ao finalizar a Primaria, uns lectores eficaces que comprendan todo tipo de textos e imaxes. Para conseguilo hai que ter un libro nas mans...


O equipo de biblioteca aproveita para agradecer as familias o apoio tan necesario en todos os ciclos e niveis para que este obxectivo poida ser conseguido e mellorado cada ano.

viernes, 12 de octubre de 2012

Preparando a biblioteca para o 24 de outubro...



Como sabedes o día das bibliotecas é o 24 de outubro, e como todos este anos ese é o día oficial da apertura do curso escolar nesta dependencia do colexio.
O lema deste curso 2012/13 é Biblioteca escolar, acelerador de innovación, ilustración do deseñador galego, Andrés Meixide. 

Como novedades contamos cunha nova responsable Chus Díaz, que coordina ao dinámico equipo de cursos anteriores, que fará posible todas as actividades que aparecen recollidas na PXA e no programa de Mellora de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia para este curso escolar. 

Contamos tamén cunha nova organización dos materiais e mobiliario, no espazo... Xiralibro pensa que hai unha mellor visibilidade de todas as actividades que se están a facer: consulta ordenador, lectura e consulta/documentación na zona central, préstamo dos libros dos ciclos...
 Que opinades?