viernes, 24 de diciembre de 2010

BO NADAL

O equipo da Biblioteca, desexalle a toda a comunidade educativa do CEP Dr Fleming unhas Felices Festas de Nadal e Ano Novo.

martes, 21 de diciembre de 2010

Pedir polo menos un libro.

Esta a piques de chegar o tempo dos agasallos... Xiralibro foi testemuña do ben que traballaron os nenos e nenas na biblioteca, da cantidade de libros que leron e do requeteben que se portaron. Así que nas cartas que está a escribir ao Apalpador, a Papa Noel e aos Reis Magos vai pedir libros, películas, vídeos do corpo humano, revistas...

Que ides pedir vos nas vosas cartas? Lembrade pedir polo menos un libro.

lunes, 20 de diciembre de 2010

II SEMANA DO CÓMIC

II Semana do Cómic on PhotoPeach
Rematou a II Semana do Cómic e á vista das fotos, os nenos e nenas pasárono moi ben e aprenderon moitísimo.

martes, 7 de diciembre de 2010

Chega a II SEMANA DO CÓMIC.

O luns 13 de decembro comeza a "SEMANA DO CÓMIC", xa por segundo ano consecutivo...

Mortadelo quere pedirvos que traiades os cómics que teñades na casa para compartilos nas aulas, e poder ter unha gran variadade deles na "HORA DE LER".
Tedes cita na biblioteca e proximidades os días:
13 e 14 de decembro o CICLO I
15 e 16 de decembro o CICLO II
17 e 20 de decembro o CICLO III


VÉMONOS....

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Web con recursos sobre o Nadal.

A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal.
Preme na imaxe para entrar neste monográfico especial.

Camiñando cara ao Nadal.


Xiralibro comeza a súa preparación cara ao Nadal.
Datas tan especiais para todas e todos...