sábado, 20 de diciembre de 2008

BO NADAL

Queridas familias,

XIRALIBRO e todo o equipo da Biblioteca desexamosvos un FELIZ NADAL e moitas ILUSIÓNS e BOAS LECTURAS para o 2009


viernes, 19 de diciembre de 2008

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe o Fleming vestiuse de vermello para celebrar o Festival de Nadal.
Todos os nenos e nenas estaban guapísimos.
Houbo teatro, panxoliñas, poesías... que sei eu cantas cousas!!!
Saiu de maravilla. Noraboa ós profes polo traballo que fixeron e ó alumnado polas interpretacións.
Grazas a todos.

CONCURSO DE POSTAIS

Entregáronse os premios do concurso de postais de Nadal.
Eran tantas e tan bonitas que ó xurado custoulle bastante escoller.
Parabéns a todos os participantes.


jueves, 18 de diciembre de 2008

CHOIVA DE REGALOS

Hoxe chegaron PAPÁ NOEL e o rei MELCHOR ó colexio. Trouxeron presentes para todos os nenos e nenas. Todos estaban moi ledos. Algúns ata se sentaron no colo do rei. Que sorte tiveron.
Papá Noel parecía algo canso. Eu creo que lle pesaba un pouco a barriga.
Bueno, moitas grazas a estes magos que lles poñen ós meniños un sorriso nos beizos.

A LINGUA ANIMADA

Os nosos amigos XULIA e MIK do blogue O RECANTO DE MIK atoparon nalgures, estas curtametraxes de Flocos.TV, cineclube do audiovisual galego, e quixeron compartilas con nós.

Son sete animacións baseadas en textos de coñecidos autores como Cunqueiro ou Murguía, baixo o titulo xenérico de A LINGUA ANIMADA. Foron realizadas por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003.


(Preme enriba de cada unha para visionalas)


















VER CONTRATACIÓN E NORMAS DE USO (Cinemas Dixitais, Axencia Audiovisual Galega)

miércoles, 17 de diciembre de 2008

MÁIS COUSIÑAS

Seguimos recibindo traballos para a BIBLIOTECA.
XIRALIBRO está encantado. Ten a corcheira chea de fermosas lendas, adiviñas e outras cousiñas que estades a facer. ¡Canto nos gusta todo!

Adiviñas de Iago Fernández, 4º B

María Alonso, de 2ºB fixo este precioso Belén de plastilina.

E tamén escribiu isto tan bonito.



(Preme sobre as follas para ler)

martes, 16 de diciembre de 2008

DECORAMOS O COLE

Xa está o colexio vestido de Nadal.
Todo o mundo traballou moitísimo. Mira que fixeron pompóns! E anxos! Están por todas partes.
Quedou moi bonito.



lunes, 15 de diciembre de 2008

MÁIS NOVAS

Os nosos alumnos e alumnas, e as súas familias, están a facer uns maravillosos traballos sobre o NADAL.

Estes foron os últimos que chegaron á Biblioteca.


(Preme nas imaxes si as queres ver de cerca)














MIA, de 2ºB














AROA PÉREZ, 2ºB














RAQUEL QUIROGA, 1ºB

sábado, 13 de diciembre de 2008

Cuestionario sobre o NADAL

Contesta as seguintes preguntas e descubre se o sabes todo sobre o Nadal:

1.- Sabes de quen herdamos a tradición de por a árbore de Nadal?

2.- Coñeces o nome da árbore da esquerda?

3.- De que país é orixinaria a flor de Pascua? (ver abaixo)

4.- Por que hai quen pon roupa interior vermella nestas datas?

5.- Hai algunha sorpresa no roscón de Reis?

6.- Sabes quen instaurou a tradición de enviar tarxetas de Nadal?
Preme aquí para asegurar esas seis respostas

7.- Coñeces algún cantar de Nadal, cantar de Aninovo ou cantar de Reis?, Preme aquí e memoriza algo para sorprender á familia nestas datas.

8.- Sabes cómo é o Nadal noutras partes do mundo? Preme e descúbreo!


9.- Tes ánimos para cantar unha panxoliña?....

10.- Participaches facendo pompóns, tarxetas navideñas ou decorando o colexio?

Son 10 preguntiñas... comenta cantas sabes e a nota que sacarías. BO NADAL

viernes, 12 de diciembre de 2008

Christmas Song

Nenos e nenas de 5º. Con este video podedes cantar e aprender a panxoliña en Inglés para o festival de NADAL. Disfrutade moito.

lunes, 8 de diciembre de 2008

TEMPO DE NADAL

XIRALIBRO xa se vestiu de Nadal. Está simpático, ¿eh? ¿Quédalle un pouco curto o traxe? Debeu medrar.


Está contento porque moitos nenos e nenas están achegando traballos sobre o Nadal.

Mirade estes.

De Cristina Torres, 4ºB



De Alba, 1ºB




De Aloia Herráez, 4ºB