lunes, 27 de abril de 2026
jueves, 24 de abril de 2025
Día do Libro
domingo, 30 de abril de 2023
Gloria Fuertes na radio
Os de 3ºA e 3ºD estiveron facendo diferentes actividades sobre Gloria Fuertes e para que poidamos escoitar todos e todas os seus podcast deixámosvos por aquí os dous enlaces. Parabéns polo traballo!
Contacontos no EEI Vila Laura
E seguimos con actividades realizadas polo Día do Libro.
Este ano os nosos compis do colexio EEI Vila Laura invitáronnos a realizar unha xornada de apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º sentouse con 2/3 alumnos das diferentes clases de infantil para contarlles un conto...foi unha actividade moi bonita!!
Despois fixemos un taller de Gloria Fuertes co alumnado de 5 anos nas súas aulas. Léronlles un poema e o ilustraron xuntos.
Foi unha xornada de convivencia moi chula!
Podedes ver un vídeo resumo deste día e o enlace ao seu blog. Pincha aquí: http://vilalaurainfantil.blogspot.com
viernes, 21 de abril de 2023
Visita de Ramón D. Veiga
Seguimos coas actividades enmarcadas no Día do Libro.
Hoxe Ramón D. Veiga, autor do libro "Miñoca e Pega", viu visitar ao alumnado de 1º. Aquí deixamos unhas fotos das catro clases.
jueves, 20 de abril de 2023
Visita Andrea Maceda
Hoxe tivemos a visita de Beatriz Maceda, autora do libro "As sentinelas do silencio" o cal estivemos traballando na clase.
Aquí vos deixamos unhas fotiños.
martes, 18 de abril de 2023
Semana do libro
Entramos na semana do Día do Libro, pero sabedes por que se celebra o 23 de abril? Este día foi escollido porque o 23 de abril de 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Para celebralo, estas semaniñas teremos moitas actividades: apadriñamentos lectores, visitas de autores e autoras, contacontos ao alumnado de Villalaura, actividades de Gloria Fuertes... Seguide atentos e atentas ao noso blog para non perdervos nada e non olvidedes pasar pola biblioteca.
miércoles, 4 de mayo de 2022
Semana do Libro
Unha de contos...
Este curso retomamos os apadriñamentos lectores para conmemorar o Día do Libro. Que ben o pasamos e canto botabamos de menos pasar un anaquiño cos compañeiros e compañeiras.
jueves, 22 de abril de 2021
Día do Libro
- Poemas de Xela Arias. Clica na imaxe:
- Bookface: fúndete cun libro.
- Agasalla a quen ti queiras cunha rosa:
- Día do Libro e Dereitos de Autor
viernes, 24 de abril de 2020
Día do Libro
Naia comparte unha preciosa historia. (4ºD)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)




























