sábado, 30 de abril de 2011

viernes, 29 de abril de 2011

Un día especial!!!

Hoxe no Fleming tivemos unha xornada especial para rematar o mes de abril, o MES do LIBRO.
Nenos e nenas do ciclo 3 representaron e contaron contos na lingua de Cervantes, de Shakespeare e da nosa comunidade.
O alumnado de 5 anos da escola infantil Vilalaura e todo o ciclo 1 do noso colexio asistiu á representación de "Chicken soup" e "Sopa de gallina", "O traxe novo do emperador" e "A princesa e o chícharo".
Noraboa a tod@s pola vosa colaboración.

jueves, 28 de abril de 2011

Conto e actividades de Polgariña.

Conto e actividades en LIM sobre Polgariña.
Preme na imaxe.

sábado, 23 de abril de 2011

23 de abril, día do libro.

Averigua o que sabes sobre a data do 23 de abril:


1.- Que tres grandes escritores lembramos neste día?

2.- Cantos días quedan para rematar o ano?

3.- Que comunidades autónomas teñen como festivo este día? Que celebran? Aparece nos seus escudos e/ou bandeira algunha referencia a ese patrón?

4.- Nunha desas comunidades aproveitan para celebrar o día dos namorados. Os homes regalan unha rosa encarnada e... que regalan as mulleres?


RECURSOS:
Para respostar ás preguntas 1 e 2.
Para respostar ás preguntas 3 e 4.


Escoita e relaciona este vídeo coa celebración do día.



5.- Que idea nos transmite o vídeo?


6.- Que tres cousas precisaba Alonso Quijano para chegar a ser un "bo cabaleiro"?


A resposta da pregunta 6 podes atopala no capítulo 1 da obra. Preme aquí para ler un resumo.

miércoles, 20 de abril de 2011

Infancia de Andersen

Colabora na adaptación do texto e ilustración o alumnado de 5º e 6º da aula 310 de PT.  Clica

martes, 5 de abril de 2011

Videocuento "La princesa y el guisante".


Imágenes adaptadas de "Cuentos para antes de dormir" , ilustrado por Ada García, de la Editorial Everest.

domingo, 3 de abril de 2011

Lois Pereiro. Biografía e obra en lim. Letras galegas 2011

Traballo do PFAC "Integración das TIC na aula"

Agradecemento ao alumnado colaborador:

En lingua galega:Elyán Ortega Montero, Aroa Poza Nogueiras, Luís Fernando Garey Ticona, Thiago Enzo de Oliveira, Victoria A. García Varela, Gabriel Parada Vieira, Álvaro Vázquez Dorado, Andrea Comesaña Fernández, Jorge A. Garey Ticona, Cristian Pereiro González, Daniela Ribas Cordeiro, Jose Francisco Rodríguez González, Jeyson Alejandro Sarria Gutierrez, Estéfano González González (IES do Castro)

En lingua inglesa: Payal Rajesh Mirpuri

En lingua francesa: Hélene Brouet Alonso

sábado, 2 de abril de 2011

Imaxes de Lois Pereiro.

Comezan os preparativos para o día grande das letras galegas, adicado a Lois Pereiro. Esta imaxe é dunha montaxe que parte dun debuxo feito por unha profesora cun enfoque ao Andy Warhol.



Estilo Andy Warhol. Abaixo tedes unha imaxe moi coñecida.


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en conmemoración do aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés, autor de contos inolvidables como A Sereiña, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do Emperador, o Parrulo feo... e outros. O cartel do 2011 é de Jüri Mildeberg, de Estonia.

viernes, 1 de abril de 2011

Videoconto: "Os tres porquiños"

Vídeo dun conto clásico "Os tres porquiños" que foi adaptado ao galego para a "Semana das Letras Galegas 2011". Participa o alumnado de 5ºA, e a súa titora Menchu, mestra dunha das aulas ABALAR do colexio.


Coñece os sentidos.