sábado, 30 de enero de 2010

miércoles, 27 de enero de 2010

Sabes moito dos pintores do 1º trimestre?

Estamos seguros de que coñecedes moi ben a Antonio García Patiño, Urbano Lugrís e Maruja Mallo...Podedes facer este LIM para averiguar o que sabedes.

sábado, 16 de enero de 2010

Unha canción para a PAZ

Esta é a canción que eliximos para o Día da Paz, "Moving" de Macaco.
Podes aprendela con este video.

jueves, 14 de enero de 2010

Preparándonos para o día da Paz.

No colexio celebramos a Paz tendo especial coidado do entorno e a mellora das expresións verbais.

Cartel de educación para a paz dende o coidado e o respecto as instalacións, mantemento da orde e limpeza en todas as dependencias e espazos exteriores... que demos en chamar "non violencia espacial". (Colgouse na entrada preto do cartel toda a basura recollida no patio nos dous primeiros días chamados de sensibilización)


Cartel para a educación para a paz dende a "non violencia verbal", dende o enfoque da procura dunha linguaxe rica e coidada, onde deba ser evitado o emprego de expresión malsonantes ou "palabrexas"... aspecto que mellora a conviencia e o diálogo entre iguais.


martes, 12 de enero de 2010

2010, ANO DO LIBRO E DA LECTURA EN GALICIA


A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia declara o 2010 como Ano do Libro e da Lectura.

O LIBRO vai ser o protagonista do programa de actividades que se levarán a cabo ó longo deste ano: Actividades de animación cultural como "Libros sobre rodas", "A noite dos libros", "Camiños de amor e lúa"; Conmemoracións: centenario do nacemento de Gonzalo Torrente Ballester e de Luís Seoane; Homenaxes a Rosalía de Castro e Uxio Novoneyra, ao que se lle adica o Día das Letras Galegas; Exposicións; Feiras do libro...

Para máis información PREME AQUI