sábado, 30 de octubre de 2010

BIOGRAFÍA DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Hoxe, sábado 30 de outubro celébrase o centenario do nacemento deste gran poeta.
Esta presentación de O lar de Frianciño está baseada no poema Miguel Hernández para nenos de Carmen Gil.




Preme na imaxe para averiguar o que aprendiches de Miguel Hernández.

Poemas cantados de Miguel Hernández



VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA


Os días 29 e 30 xuntámonos en Santiago de Compostela 1200 mestres e mestras para celebrar os III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Co lema de "VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA" nomes como Teresa Colomer, Javier Celaya, Manuel Bragado e Antonio Rodríguez de las Heras, fixéronnos reflexionar sobre a lectura dos clásicos, a cultura impresa e dixital, e os camiños de transformación da lectura e da escritura.
Compañeiros e compañeiras de diferentes centros de Primaria e Secundaria compartiron con todos nós as súas experiencias como dinamizadores da Biblioteca.
Parabéns a todos, e, especialmente a Cristina e a Pilar pola organización.

viernes, 29 de octubre de 2010

XA CHEGA O SAMAÍN








Estes videos foron elaborados polo equipo da biblioteca do CEIP Mestres Goldar con música e letra do grupo Mamá Cabra.

domingo, 24 de octubre de 2010

Coñece os números da CDU.

A CDU Clasificación Decimal Universal é un sistema de clasificación do coñecemento, que nace da necesidade de ordear e catalogar os fondos das bibliotecas.


A cada grupo se lle asigna un número do 0 ao 9. Para coñecer a clasificación e a numeración que lle corresponde PREME NA RODA.
PREME NA FICHA para realizar unha actividade para averiguar o que aprendiche.

martes, 12 de octubre de 2010

ENTREGA DE DIPLOMAS

Os premiados no concurso de "As viaxes de Xiralibro" cos seus titores e unha das organizadoras da Biblioteca.
Parabéns a tod@s pola vosa investigación.