viernes, 8 de diciembre de 2023

Nadal no Fleming

 Xa chegou o Nadal ao Fleming e por aquí deixamos unhas recomendacións lectoras.











lunes, 4 de diciembre de 2023

Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca

 En novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca. No cole tivemos unha exposición de libros sobre este tema, fixemos un mural onde colocamos cada invento na época correspondente (seguindo co proxecto anual "A Máquina do tempo") e coñecimos a científicas galegas.










domingo, 3 de diciembre de 2023

Novidades decembro

 Xa tedes na biblio as novidades deste mes. Esperamos que vos gusten!



Os seres máxicos do Nadal que pasean polo Fleming

Neste curso escolar 23-24 toca coñecer outros perxonaxes importantes do Nadal en España.
PARA SABER MOITO DO TEMA. CLICA

domingo, 29 de octubre de 2023

Novidades

 Ola a todos a todas!

Xa están dispoñibles as  novidades no andel da biblioteca, recordade que durante quince días as podedes consultar na sala e logo pasarán ao resto de andeis para que as poidades levar a casa.





domingo, 22 de octubre de 2023

24 de Outubro Día Das Bibliotecas

 Ola a todos e a todas!!

O 24 de outubro celébrase o Días das Bibliotecas co obxetivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor do persoal bibliotecario. Elixiuse este día para recordar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcanes en 1992. 

Para celebralo esta semana abrimos a biblioteca co horario xa completo. Esperamos que disfrutedes dela! Para axudarnos a recordar as normas recomendámosvos ver o seguinte vídeo elaborado polos encargados e encargadas da biblioteca de 6º: 

Vídeo

Gracias pola vosa colaboración!


Nubes de palabras horripilantes

 


Samaín

 Xa falta pouco para que chegue Samaín e o cole comeza a decorarse para esta data. Animámosvos a participar nas diferentes actividades.



Algúns e algunhas xa deixamos o noso medo no buzón.







sábado, 14 de octubre de 2023

Clubs de lectura

 Esta semana tamén comezamos os clubs de lectura. Despois das correspondentes reunións e de encher o buzón de inscripcións xa puidemos comezar. Estamos moi contentas porque sodes moitos/as as que ides a participar.

Os primeiros en estrear os clubs foron o club de lectura "Cocotibur" de 6º curso. Esperamos que disfrutedes moito desta historia!

Recordade que a próxima semana comezan os clubs de 5º.







Recreos na biblio

 Esta semana comezaron os recreos na bibio e poidéchedes estrear os xogos novos aínda que algúns e algunhas sempre prefirades os clásicos. Aquí deixamos algunhas fotiños desta semana.

Boa ponte!







Comezamos de novo coas mochilas viaxeiras

 Ola a todos/as;

Como xa sabedes, as mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe polas vosas casas. Esperemos que disfrutedes delas e nos contedes que é o que máis vos gostou. 

E en pouco máis dunha semaniña a biblioteca tamén estará aberta nas sesión de clase para que poidades estar máis tempo nela. Esperámosvos!



sábado, 7 de octubre de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO

Ola a todos e todas!!

Estades preparados/as para comezar esta nova viaxe? Este ano o proxecto anual do cole é "A máquina do tempo", co cal coñeceremos outras épocas, culturas, oficios, músicas, danzas... Temos preparadas moitas cousas que esperamos que vos gusten moito!
Dentro de moi pouco abrimos a biblioteca e esperamos que teñades moitas ganas de comezar a baixar.
O luns comezan os recreos na biblio e o martes os clubs de lectura. Vémonos!!!

domingo, 18 de junio de 2023

Pareados 3ºB

As nenas e nenos de 3º B estiveron practicando pareados coa súa titora para despois gravar en radio, aquí os podedes escoitar. Pareados 3ºB







Proxecto Anual "Un mundo de cores"

Rematamos o curso e xa temos recollidas todas as actividades do  proxecto anual  "Un mundo de cores"

Aquí vos deixamos uns vídeos explicativos feitos polo alumnado. Parabéns a todos e todas polo traballo! Moi chulos!




Podedes atopar os vídeos de 1º, 2º e 3º no blog de galego: http://faladoirodofleming.blogspot.com/2023/06/un-mundo-de-cores.html


miércoles, 17 de mayo de 2023

lunes, 15 de mayo de 2023

Contacontos no Vila Laura con 3º

De novo visitamos o Vila Laura, pero esta vez tocoulle o turno ás clase de terceiro. Pasámolo moi ben contándolles un conto aos máis pequenos. Ademais, tivemos a sorte de que nos ensinaran os seu patio novo e poder xogar todos xuntos e xuntas. Aquí vos deixamos un enlace para que poidades ver o vídeo do ben que o pasamos.


miércoles, 3 de mayo de 2023

Scrabble

Despois de xogar todo o segundo trimestre ao Scrabble xa non nos quedaban letras coas que formar palabras. Sumamos todas as puntuacións e as clases gañadoras foron 3ºD e 6ºC. Parabéns!






domingo, 30 de abril de 2023

Gloria Fuertes na radio

Os de 3ºA e 3ºD estiveron facendo diferentes actividades sobre Gloria Fuertes e para que poidamos escoitar todos e todas os seus podcast deixámosvos por aquí os dous enlaces. Parabéns polo traballo!


Gloria Fuertes 3ºA

Gloria Fuertes 3ºD

Contacontos no EEI Vila Laura

E seguimos con actividades realizadas polo Día do Libro.

Este ano os nosos compis do colexio EEI Vila Laura invitáronnos a realizar unha xornada de apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º sentouse con 2/3 alumnos das diferentes clases de infantil para contarlles un conto...foi unha actividade moi bonita!!

Despois fixemos un taller de Gloria Fuertes co alumnado de 5 anos nas súas aulas. Léronlles un poema e o ilustraron xuntos.

Foi unha xornada de convivencia moi chula!

Podedes ver un vídeo resumo deste día e o enlace ao seu blog. Pincha aquí: http://vilalaurainfantil.blogspot.com




sábado, 29 de abril de 2023

Apadriñamentos lectores

E aquí vos deixamos un vídeo dos apadriñamentos lectores, pasámolo moi ben compartindo lecturas cos compañeiros e compañeiras!


viernes, 21 de abril de 2023

Visita de Ramón D. Veiga

Seguimos coas actividades enmarcadas no Día do Libro.

Hoxe Ramón D. Veiga, autor do libro "Miñoca e Pega", viu visitar ao alumnado de 1º. Aquí deixamos unhas fotos das catro clases.