lunes, 27 de abril de 2020

QUINCENA MATEMÁTICA - RETO

Solución ao reto matemático de 6º:

sábado, 25 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Menuda sorpresa recibimos hoxe!
Algúns compañeiros/as de 1ºA e 4º A agasalláronnos cuns vídeos fermoso seguindo as propostas que deixamos para o día do libro.
MOITAS GRAZAS ANTÓN (1ºA), MARTINA (4ºA),  CARMEN (4ºA), MARTÍN (1ºA) E NOGC CHUNG (4ºA)








viernes, 24 de abril de 2020

Día do Libro


 Naia  comparte unha preciosa historia. (4ºD)



Álvaro e o seu amigo Greg cóntamos outra historia (4ºD)


Nico e o seu conto (4ºD)






Elena conta a súa historia. (4ºD)

QUINCENA MATEMÁTICA - RETO

Aquí vos deixamos as solucións aos retos matemáticos. Agardamos que o pasarades ben!

        

        

       

As solucións ao reto de 6º publicaranse o luns.

jueves, 23 de abril de 2020

DIA DO LIBRO

BO DÍA DO LIBRO A TODOS/AS
Aínda que non poidamos celebrar o día do libro todos xuntos como en cursos anteriores e non sexa posible facer actividades coma a dos apadriñamentos no patio, non queriamos que esta data pasase sen máis. Por iso, vos facemos varias propostas:

1) Crear unha historia empregando títulos de libros (que podes ter na casa ou que leras e coñezas). Fíxate no seguinte exemplo:


2) Apadriñamento lector: colle o teu libro favorito e senta con algunha das persoas que están ao teu lado estos días a ler un anaquiño del.

3) Facer un audiolibro: elixe un conto ou un poema que che guste e  grávate lendoo. Podes facer algúns efectos especiais, empregar diferentes voces... Cando o teñas listo, escóitate. Que opinas? Podes pedir que interveñan outras persoas.


4) Superar unha "Gymkana Literaria":

5) Escoitar unha incrible colección de contos e historias:


6) Ver algún dos seguintes Contos:


7) Ver os seguintes curtos:

  

miércoles, 22 de abril de 2020

SESIÓN DE CONTACONTOS - 23 ABRIL

SESIÓN DE CONTACONTOS

XOVES, 23 ABRIL ÁS 12.00 HORAS

O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.
#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez
“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)
Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.

domingo, 19 de abril de 2020

QUINCENA MATEMÁTICA - RETO

Bo día a todos/as! 
Como todos os cursos, este ano tamén celebraremos a Quincena Matemática. Aínda que non poderemos ter os xogos na biblioteca, o que si poderedemos facer é o reto matemático. 
Clica no teu curso e... ADIANTE!

        

        

       

Se queredes saber máis sobre estas mulleres podedes animarmos con estes dous libros de Xerais: