Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2026

clubs de lectura



 Este ano fixemos un podcast do que limos, máis unha obra de teatro. 

Libros lidos:

- "Cuando Brillan las Estrellas" de Victoria Jamies

- " Invisible" de Eloy Moreno.


 Imaxe da adaptación do libro; " Cuando Brillan las Estrellas"

martes, 14 de octubre de 2025

Clubs de lectura. Encántanos

 Este ano o alumnado de sexto lemos os seguintes libros:

 

 

A posteriori se fixo como tarefa final unha obra de teatro e un podcast

 

lunes, 19 de mayo de 2025

Clubs de lectura

Rematamos os primeiros clubs de lectura do curso.



Deixámosvos os programas de radio para que escoitedes sobre os libros "O xenio da Cidade do Sal" de Fina Casalderrey e "Invisible" de Eloy Moreno.

 CLUB LECTURA

sábado, 14 de octubre de 2023

Clubs de lectura

 Esta semana tamén comezamos os clubs de lectura. Despois das correspondentes reunións e de encher o buzón de inscripcións xa puidemos comezar. Estamos moi contentas porque sodes moitos/as as que ides a participar.

Os primeiros en estrear os clubs foron o club de lectura "Cocotibur" de 6º curso. Esperamos que disfrutedes moito desta historia!

Recordade que a próxima semana comezan os clubs de 5º.







domingo, 5 de marzo de 2023

Rematamos os primeiros clubs de lectura

Coas recomendacións lectoras poñemos fin aos primeiros clubs de lectura. A próxima semana comezamos cos novos. Aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace aos podcast de cada un deles, por se queredes escoitalos de novo na casa.


Club de lectura "El club de los raros" de 4º:



Club de lectura "O xenio da cidade do Sal", de 5º:

Club de lectura "Conta nove estrelas", de 6º:

Pincha aquí para "Conta nove estrelas"Conta Nove estrelas



domingo, 19 de febrero de 2023

Rematando os primeiros clubs de lectura

Esta semana tocounos despedir dous clubs de lectura para comezar cos novos. O pasamos moi ben gravando as recomendacións lectoras na radio. Esperamos que vos gusten!



martes, 14 de febrero de 2023

Día Mundial da Radio

 

O  día 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio, este día foi elexido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) no ano 2012.


Para celebralo estivemos gravando as recomendacións lectoras dos libros que rematamos nos clubs de lectura de 5º e 6º:  "La historia de Iqbal" de Francesco D'Adamo e "Folla Azul" de Andrea Maceiras.

Estas gravacións emitíronse o Día Mundial da Radio na hora lectora. Esperamos que vos gustaran e vos animedes a ler os libros.




E aquí podedes escoitar as recomendacións lectoras:







jueves, 20 de octubre de 2022

Retomamos os clubs de lectura!

 Ola a todos e todas!

Despois do parón pola situación destes últimos cursos volvemos a facer os clubs de lectura. A acollida foi moi boa e xa están en marcha. Esperemos que os disfrutedes.

Este ano os libros que eleximos para este trimestre son:

- A señorita Bubble.

- El Club de los raros.

- A folla azul.

- O xenio da cidade do Sal.

- La historia de Iqbal.

- Conta nove estrelas.





martes, 10 de diciembre de 2019

Club de lectura

Hoxe remata o Club de Lectura da "Señorita Bubble".
Aquí vos deixamos as nosas opinións:
- É un libro divertido. Sara (4º C)
- É un libro misterioso e intrigante. Nico (4ºD)
- É un libro que ensina moitos valores. Carmen (4º A)
- É un libro imaxinativo. Nora (4º C)
- É un libro creativo. Uxía (4º B)
- É un libro bonito e non resulta complicado de ler. Olivia (4º D)
- É un libro cunhas ilustracións fantásticas. Iker (4º D)
- É un libro moi recomendable para ler. Jean (4º B)

lunes, 9 de diciembre de 2019

Club de lectura: A señorita Bubble

Despois de todo o trimestre compartindo lecturas, opinións, coñecementos... e sobre todo momentos marabillosos, remata outro club de lectura. Vémonos pronto, rapaces!

jueves, 5 de diciembre de 2019

El Club de los raros

Hoxe remata o club de lectura de 4°:
 El club de los raros


domingo, 6 de octubre de 2019

Comezan os clubs de lectura


Non quedes sen anotarte!

domingo, 31 de marzo de 2019

Club de lectura: O Capitán Maimiño

Rematamos o trimestre e con el, os Clubs de Lectura.
Aquí vos deixamos unha foto da última reunión dos "Bellecos" e "Chinchanamocas" do 2019, protagonistas do libro "O Capitán Maimiño".


Aprendemos que hai que loitar polo que un quere ser.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Club de lectura: O carteiro de Bagdad

Hoxe foi o último día do club de lectura. Aínda que foi un libro triste, gustoulles aos participantes e desfrutaron do xogo que tiñan esperándolles para ver quen estivera máis atento na súa lectura. Velaí unha fotiño dalgúns dos participantes

martes, 18 de diciembre de 2018

Club de Lectura: Muriel

Chegamos á última reunión do club de lectura e toca despedirse. Facémolo deixándovos as nosas impresións sobre o libro:


domingo, 2 de diciembre de 2018

Club de lectura: O Capitán Maimiño

Hoxe tivemos a penúltima reunión do Club de Lectura de 4º: "O Capitán Maimiño".



Deixámosvos aquí as nosas opinións e algunhas ideas que sacamos despois de ler o libro:

lunes, 22 de octubre de 2018

Clubs de lectura

Esta semana comezan os clubs de lectura. Podes consultar os listados dos grupos e as datas de reunións no taboleiro da biblioteca.

Boas lecturas!!!

lunes, 8 de octubre de 2018

Clubs de lectura

Aqueles que queirades participar nos clubs de lectura podedes recoller a ficha de inscrición polos corredores do cole:

Recorda que o11 de outubro é o último día!

jueves, 24 de mayo de 2018

Despedida do club de lectura

Hoxe tivemos a derradeira sesión do club de lectura  e queremos dar as grazas a Aldara, Aziz, Miguel, José, Laura, Lucía e  Mencía polos bos momentos de lectura e risas que compartimos durante este curso e dexesando que a lectura sexa parte das súas vidas para sempre.