lunes, 27 de marzo de 2017

Aprendemos a cor dos colectores

Os Bolechas, coa axuda de SOGAMA, queren ensinar aos nenos e nenas de Galicia a separar os residuos para garantir o seu posterior reciclado. Aquí tedes o vídeo:

viernes, 24 de marzo de 2017

Visita de Sabela Gago

Hoxe os nenos e nenas de 2º pasárono xenial con Sabela Gago:


Visita de Sabela Gago on PhotoPeach

lunes, 20 de marzo de 2017

Semana Intercultural - A industria conserveira en Vigo

A nai de Xarois (6º C) veu a falarnos da industria conserveira en Vigo. Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que preparou e o ben que o pasamos.
 



A industria conserveira en Vigo on PhotoPeach

Moitas grazas!

jueves, 16 de marzo de 2017

Semana Intercultural - A vida dunha actriz

Hoxe foi o turno da nai de Lía (6º D) e veu a contarnos como é a vida dunha actriz. Pasámolo xenial e aprendemos moito
    


A vida dunha actriz on PhotoPeach
 

miércoles, 15 de marzo de 2017

Semana Intercultural - Redeiras

Hoxe, a avoa de Iago Martínez (2º D) veu desde Cambados para explicarnos as distintas redes que usan os pescadores e pescadoras:

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!

lunes, 13 de marzo de 2017

Semana Intercultural - charlas das familias

Hoxe recibimos ás primeiras familias.  Os nenos e nenas de 5º aprenderon algunhas cousas sobre cortura e encaixe de bolillos:
A nai e a avoa de Alejandra (3º C) nos demostraron que todos/as podemos aprender a palillar.

A nai de Milagros (5º C), co seu vestido de noiva, FEITO POR ELA! Unha apaixoada da costura! 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Semana Intercultural: Costureiras e palilleiras

sábado, 11 de marzo de 2017

Semana Intercultural

Xa que na exposición que temos na biblio relacionada cos oficios tradicionais atopamos panos, cobertores, manteis... de liño, aquí vos deixamos un traballo sobre o proceso de elaboración dos mesmos:

miércoles, 8 de marzo de 2017

Exposición "Oficios Tradicionais Galegos"

Onte, algunhas familias pasaron pola Biblio para ver a exposión sobre os oficios tradicionais galegos.
Aquí temos a Miguel Sarabia, que prestou un montón de obxectos do seu avó relacionados co oficio de zapateiro.
Moitas grazas, familias!

martes, 7 de marzo de 2017

Exposición "Mulleres"

Aquí vos deixamos unha mostra dos murais elaborados nas aulas sobre Mulleres Galegas e Mulleres Inglesas:

Exposición "Mulleres Galegas" on PhotoPeach


Exposición "Mulleres" on PhotoPeach

lunes, 6 de marzo de 2017

EXPOSICIÓN SOBRE OS OFICIOS TRADICIONAIS

Esta semana, a biblioteca converteuse nunha sala de exposicións. Poderedes aprender moito sobre os oficios tradicionais galegos.

  EXPOSICIÓN SOBRE OS OFICIOS TRADICIONAIS II on PhotoPeach
 Grazas a colaboración das familias do Colexio polos préstamos!

sábado, 4 de marzo de 2017

Máis poemas para o mes de marzo

Outro poemiña dunha compañeira de 1º D que lle encantou a Xiralibro:

viernes, 3 de marzo de 2017

Poemas do mes de febreiro

Aínda que xa rematou o mes de febreiro, Xiralibro segue a recibir poemas. Aquí vos deixamos algúns dos nenos e nenas de 1º:

miércoles, 1 de marzo de 2017

Certame "Cartas de amor e de amizade"

Xa temos as gañadoras do VII Certame de "Cartas de amor e de amizade":