martes, 15 de marzo de 2022

Scrabble

A partida de Scrabble chega ao final. Que cursos conseguirían máis puntos? En breve saberémolo



domingo, 13 de marzo de 2022

Contos pola igualdade II

Xa está preparada a segunda caixa de contos en prol da igualdade. Agardamos que os disfrutedes moito!




viernes, 11 de marzo de 2022

Novidades

Hoxe estreamos un recuncho cunha selección de novidades para traballar as emocións.

Non esquezades botarlle un ollo cando veñades á biblioteca:



jueves, 10 de marzo de 2022

Quincena matemática

 Xa temos aos gañadores e gañadoras dos retos matemáticos deste curso.

Parabéns para todos!!

 

 

 





miércoles, 9 de marzo de 2022

Visita de El Hematocrítico

Hoxe os nenos e nenas de 2º compartiron un ratiño con El Hematocrítico, autor do libro que leron neste trimestre:


Estiveron moi atentos ás explicacións, disfrutaron da conversa e ao final levaron o libro asinado. Que ben  o pasaron!









martes, 8 de marzo de 2022

8M - Día Internacional da Muller

Hoxe o grupo de 5ºB recolleu en Santiago o 2º premio do Concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo convocado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Un cartel co que reivindican a libre escolla no campo das profesións. Parabéns para todo o grupo!






Este é o cartel gañador que podedes ver na entrada do cole xunto cos demais traballos e murais deste ano:



lunes, 7 de marzo de 2022

8M - Día Internacional da muller

 

Selección de lecturas para esta semana que tedes á vosa disposición nos expositores da biblioteca: 








Partida de Scrabble

 Comezamos o mes de marzo...