miércoles, 21 de diciembre de 2011

Vela
O equipo da Biblioteca do CEP Dr Fleming desexámoslle a toda a comunidade educativa
FELICES FESTAS DE NADAL E ANO NOVO 2012

POSTAIS DE NADAL

Nadal 2011 on PhotoPeach



 
Graciñas a tod@s @s participantes no concurso de postais de Nadal e noraboa aos gañadores.
FELICES VACACIÓNS!!!

lunes, 19 de diciembre de 2011

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Aquí tedes algunhas ideas que vos poden axudar a elixir libros para ler nas vacacións de NADAL ou para facer un agasallo especial aos vosos amigos.

domingo, 18 de diciembre de 2011

Premio de postais do Celta.

A profesora Cristina Franco (dinamizadora da actividade) recibe o premio otorgado ao Centro pola grande participación do alumnado no concurso de postais. Preme para ler máis.
Foto da entrega dos premios no Celta de Vigo o sábado 17 de decembro, antes do partido R.C. Celta vs Guadalajara.


As postais están en "El Corte Inglés" na sección de deportes.

sábado, 17 de diciembre de 2011

FORMACIÓN DOCUMENTAL

Alumnado de 6ºB buscando información sobre "Os ecosistemas"

sábado, 3 de diciembre de 2011

III SEMANA DO COMIC, EN IMAXES

Paseo informativo polos murais, lectura de cómics, repaso dos diferentes bocadillos, pescuda de onomatopeas, completar fichas...todo isto, na III Semana do Cómic.


domingo, 27 de noviembre de 2011

Comeza a III semana do cómic... boas lecturas!!

Os Bolechas no colexio.

A decoración do colexio está adicada nesta III "Semana do Cómic" aos personaxes dos BOLECHAS de PEPE CARREIRO que están en diferentes lugares... Serás quen de atopalos a todos?

LOLI e PILI son xemelgas e loiras.

CARLOS é o maior e de pelo acastañado.

BRAULIO é rubio.

SONIA é morena.

TATÁ é o máis novo.

e CHISPA é o can.

Localiza as onomatopeas.

As onomatopeas son palabras que imitan diferentes sons.


viernes, 25 de noviembre de 2011

NON Á VIOLENCIA CONTRA A MULLER


Recursos para traballar nas aulas a educación en igualdade, proporcionados polo blog O RECANTO DE MIK


jueves, 24 de noviembre de 2011

Para disfrutar da lectura

UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA, un fermoso libro da escritora Fina Casalderrey e ilustrado por Xosé Cobas que se presentou onte 23 de novembro na Casa das Palabras.
As súas páxinas están cheas de poesía e maxia, luz e arte.
Grazas Fina por esa adicatoria para todos os ensinantes.
E grazas á Editorial Oxford pola invitación ao evento e os agasallos.

domingo, 20 de noviembre de 2011

MAGOSTO NO FLEMING

O venres celebramos o MAGOSTO no cole.
As castañas e as mandarinas estaban boísimas. Despois houbo xogos tradicionais.
Pasámolo moi ben.

martes, 25 de octubre de 2011

CANTO SABES DO SAMAIN?

Aprende máis sobre o Samaín con este xogo do CEIP Manuel Fraga (Cariño).
Preme na imaxe para comezar.


Información sobre Samaín.


Tamén podes facer este LIM DO SAMAIN de Escola de Casalonga.


Ou cantar esta canción con estes simpáticos esqueletos.

lunes, 24 de octubre de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe sairon da Biblioteca do colexio Fleming as mochilas viaxeiras para visitar os fogares dos nosos alumnos e alumnas ata o vindeiro mes de xuño.
Estes son os primeiros afortunados que van compartir coas súas familias, interesantes documentais, divertidas películas, contos, poesía, revistas e música.
Boa viaxe e boas lecturas.



DIA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca.


Este ano foi Emma Ríos a ilustradora do cartel que amosa unha Biblioteca aberta ao mundo real ... e a todo aquelo que poidamos imaxinar.

miércoles, 29 de junio de 2011

O alumnado de 6º despídese do colexio





@s alumn@s de 6º curso despedíronse do colexio cun acto moi alegre e bonito.
Moita sorte para
tod@s na vosa nova andadura.

martes, 28 de junio de 2011

Calendario de Normalización Lingüística





O equipo de normalización lingüística xunto con todo o profesorado e alumnado do centro foi elaborando este calendario, coas datas máis salientables de cada mes.

martes, 21 de junio de 2011

Un día pasado por auga

Festa da auga on PhotoPeach

viernes, 3 de junio de 2011

Choven letras de Lois Pereiro.


Parabéns para todo o colexio polo 2º premio "Choven letras de Lois Pereiro".

jueves, 2 de junio de 2011

LECTURAS RECOMENDADAS MES A MES




Resumo dos libros recomendados ao longo do curso co gallo dalgunha conmemoración ou temática do mes.

martes, 31 de mayo de 2011

CHICKEN SOUP




Obra de teatro en Inglés representada polo alumnado de 5D baixo a dirección de Rosi.

domingo, 15 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

Os nenos e nenas de 6ºA coa súa titora, Carmen Pernas, prepararon a obra de monicreques "Grandullón, o Xigante abusón". Eles mesmos fixeron os monicreques .
Parabéns polo voso traballo.

Festival das LETRAS GALEGAS

Letras Galegas 2011 on PhotoPeach

martes, 10 de mayo de 2011

Lois Pereiro do A ao Z

Traballo de cada aula, sobre unha das letras do abecedario da obra de Lois Pereiro.
Preme na imaxe para ver o traballo.


lunes, 9 de mayo de 2011

Traballo de animación á lectura no nivel de 3º.

Dende o departamento de orientación ponse en marcha un programa de animación á lectura para todo o alumnado de 3º nivel, e dende o PFAC prepárase este material recopilando diferentes traballos sobre este conto seleccionado dende as titorías.

Que é Galicia

Proposta para traballar sobre o texto "Qué é Galicia" de Lois Pereiro, guión televisivo emitido pola TVG (25-07-1998)

sábado, 30 de abril de 2011

viernes, 29 de abril de 2011

Un día especial!!!

Hoxe no Fleming tivemos unha xornada especial para rematar o mes de abril, o MES do LIBRO.
Nenos e nenas do ciclo 3 representaron e contaron contos na lingua de Cervantes, de Shakespeare e da nosa comunidade.
O alumnado de 5 anos da escola infantil Vilalaura e todo o ciclo 1 do noso colexio asistiu á representación de "Chicken soup" e "Sopa de gallina", "O traxe novo do emperador" e "A princesa e o chícharo".
Noraboa a tod@s pola vosa colaboración.

jueves, 28 de abril de 2011

Conto e actividades de Polgariña.

Conto e actividades en LIM sobre Polgariña.
Preme na imaxe.

sábado, 23 de abril de 2011

23 de abril, día do libro.

Averigua o que sabes sobre a data do 23 de abril:


1.- Que tres grandes escritores lembramos neste día?

2.- Cantos días quedan para rematar o ano?

3.- Que comunidades autónomas teñen como festivo este día? Que celebran? Aparece nos seus escudos e/ou bandeira algunha referencia a ese patrón?

4.- Nunha desas comunidades aproveitan para celebrar o día dos namorados. Os homes regalan unha rosa encarnada e... que regalan as mulleres?


RECURSOS:
Para respostar ás preguntas 1 e 2.
Para respostar ás preguntas 3 e 4.


Escoita e relaciona este vídeo coa celebración do día.



5.- Que idea nos transmite o vídeo?


6.- Que tres cousas precisaba Alonso Quijano para chegar a ser un "bo cabaleiro"?


A resposta da pregunta 6 podes atopala no capítulo 1 da obra. Preme aquí para ler un resumo.

miércoles, 20 de abril de 2011

Infancia de Andersen

Colabora na adaptación do texto e ilustración o alumnado de 5º e 6º da aula 310 de PT.  Clica

martes, 5 de abril de 2011

Videocuento "La princesa y el guisante".


Imágenes adaptadas de "Cuentos para antes de dormir" , ilustrado por Ada García, de la Editorial Everest.

domingo, 3 de abril de 2011

Lois Pereiro. Biografía e obra en lim. Letras galegas 2011

Traballo do PFAC "Integración das TIC na aula"

Agradecemento ao alumnado colaborador:

En lingua galega:Elyán Ortega Montero, Aroa Poza Nogueiras, Luís Fernando Garey Ticona, Thiago Enzo de Oliveira, Victoria A. García Varela, Gabriel Parada Vieira, Álvaro Vázquez Dorado, Andrea Comesaña Fernández, Jorge A. Garey Ticona, Cristian Pereiro González, Daniela Ribas Cordeiro, Jose Francisco Rodríguez González, Jeyson Alejandro Sarria Gutierrez, Estéfano González González (IES do Castro)

En lingua inglesa: Payal Rajesh Mirpuri

En lingua francesa: Hélene Brouet Alonso

sábado, 2 de abril de 2011

Imaxes de Lois Pereiro.

Comezan os preparativos para o día grande das letras galegas, adicado a Lois Pereiro. Esta imaxe é dunha montaxe que parte dun debuxo feito por unha profesora cun enfoque ao Andy Warhol.



Estilo Andy Warhol. Abaixo tedes unha imaxe moi coñecida.


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en conmemoración do aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés, autor de contos inolvidables como A Sereiña, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do Emperador, o Parrulo feo... e outros. O cartel do 2011 é de Jüri Mildeberg, de Estonia.

viernes, 1 de abril de 2011

Videoconto: "Os tres porquiños"

Vídeo dun conto clásico "Os tres porquiños" que foi adaptado ao galego para a "Semana das Letras Galegas 2011". Participa o alumnado de 5ºA, e a súa titora Menchu, mestra dunha das aulas ABALAR do colexio.


Coñece os sentidos.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Manexo da enciclopedia.

Coñece o básico para informarte nunha enciclopedia. Preme na imaxe.

jueves, 24 de marzo de 2011

Distinción White Raven


Dous libros en galego, "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro, ilustrado por Ramón Trigo, da Editorial Xerais, e "Contos para nenos que dormen deseguida" de Carlos López e David Pintor, coñecidos como Pinto & Chinto, de Kalandraka, foron premiados coa distinción "White Raven", a de maior prestixio en Literatura Infantil e Xuvenil.


martes, 15 de marzo de 2011

Vídeo "O soldadiño de chumbo"... en galego.


Unha historia de amor... en clave galega.
Ambientado no museo do xoguete de Allariz, o proxecto conta coa música de Emilio Aragón e os deseños de Alfonso Costa e tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña.


A alianza de tres empresas, a Editorial Galaxia, Continental Games e Moonbite acaba de lanzar ó mercado unha revisión en clave galega do tradicional conto de Hans Christian Andersen O Soldadiño de Chumbo que presenta un innovador formato 2.0, con texto ilustrado, unha curtametraxe de animación e unha aplicación de Ipad.

viernes, 4 de marzo de 2011

CHEGOU O ENTROIDO!!!

Hoxe no cole celebramos o Entroido.
Brancaneves, moitos ananiños, os Picapedra, Peter Pan, Ali Babá e os oitenta ladróns, Pedro e o lobo... Pasámolo de maravilla.

ENTROIDO 2011 on PhotoPeach

jueves, 3 de marzo de 2011

SEMANA DA TROULA

Semana da Troula on PhotoPeach

miércoles, 2 de marzo de 2011

Actividades sobre o entroido.

Preme sobre a imaxe para informarte e facer actividades relacionadas co entroido. A CGENDL

viernes, 25 de febrero de 2011

Entrega de premios.

Os premiados do certame de cartas de amor e amizade coas organizadoras.

Mirade na caixiña de corazóns que hai moitas outras cartas tamén ben chulas!!

miércoles, 23 de febrero de 2011

Cartas premiadas

Estas son as cartas que resultaron premiadas no I Certame de cartas de Amor e Amizade.

domingo, 30 de enero de 2011

Vídeo del misterio de San Valentín.


PREGUNTAS (1º ciclo):
1.- Cando esperta Caillou, logo dos bos días... que lle desexa a súa nai?
2.- Cal é o nome da nena que celebra a festa?
3.- Que decide facer para darlle aos seus amigos na festa?
4.- Que indica a roupa de cor vermella?
5.- Que obxecto é moi misterioso?
6.- Conta como se resolve o misterio.

sábado, 29 de enero de 2011

DÍA DA PAZ

Así celebramos o noso Día Escolar pola PAZ.
Día da Paz 2011 on PhotoPeach