Hoxe recibimos á nosa queridísima Ledicia Costas, autora dos Minimortos.
É un pracer terte con nós cada curso e compartir lecturas contigo durante un ratiño.
Hoxe recibimos á nosa queridísima Ledicia Costas, autora dos Minimortos.
É un pracer terte con nós cada curso e compartir lecturas contigo durante un ratiño.
📰Do 7 ao 11 de abril celebramos a Semana da Prensa nas escolas de Galicia e tamén no Fleming.
Clica AQUÍ para ver os traballos do alumnado que adaptou contos clásicos xunto co Proxecto Anual do Camiño de Santiago.
Que ben o fixeron. Noraboa a tod@s.👍
Onte visitounos Erica Esmoris, autora de Patio de Luces.
Pero de que trata este libro?
Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu.
Durante un ratiño compartimos impresións, historias, gustos...