miércoles, 23 de diciembre de 2009

BO NADAL

Xiralibro, o equipo da Biblioteca e todo o profesorado desexámosvos a tod@s un Feliz Nadal e unhas vacacións cheas de lecturas.


martes, 22 de diciembre de 2009

DE FESTA!!!

Unha mañá festiva para despedir o trimestre, caras felices, panxoliñas, cor vermello, Papá noel, agasallos...
Parabéns a tod@s.

sábado, 19 de diciembre de 2009

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


Cada ano pasa o mesmo. Todas as postais que se presentan ó concurso son tan bonitas que é moi dificil elixir as gañadoras.
Parabéns a todo@s @s participantes.
Estas son as premiadas neste concurso.


jueves, 17 de diciembre de 2009

Merca en galego no Nadal



Proposta de catálogo actualizado de agasallos que nos ofrece un suxestivo percorrido polo mundo do lecer en galego co que poder sorprender aos familiares e as amizades.
Elaborado polo CPI Vicente Otero Valcárcel, Carral (A Coruña)

jueves, 10 de diciembre de 2009

Acrosport co alumnado de 4º

Na clase de EF, coa profesora Chús, nenos e nenas de 4º, fixeron estas actividades de equilibrio. Impresionante!!!

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Cómic para o día dos dereitos humanos. 10 de decembro.

Le e escoita este conto titulado "La historia de Suaba" premendo sobre a imaxe.

Se queres ler e escoitar outros cómics ou facer algún dos xogos que propón "Enrédate con UNICEF" clica AQUÍ.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Maruja Mallo na aula de 6ºA

O alumnado de 6ºA coa súa titora Menchu traballaron así a Maruja Mallo.
Parabéns a tod@s.

lunes, 30 de noviembre de 2009

Averigua o que sabes dos cómics...


Xosé Antón comparte esta actividade moi interesante para valorar os coñecementos adquiridos sobre o mundo do cómic. Graciñas.

XOGAMOS?... adiante, clica na imaxe.

Proposta de actividades da semana do cómic.

domingo, 29 de noviembre de 2009

Lectura de Naruto.


Na Vila Oculta da Folla, un rapaz do máis problemático estuda na escola de ninjas, chámase Naruto, e adícase a facer trasnadas.

O soño de Naruto é chegar un día a herdar o nome de HOKAGE reservado so aos máis grandes heroes e de converterse no mellor ninja de todos os tempos... poderá este personaxe cumprir os seus soños?

Para ler clica na imaxe.

martes, 24 de noviembre de 2009

UNHA VISIÓN DE URBANO LUGRÍS

Presentación realizada pola titora Belén e o seu alumnado.

lunes, 23 de noviembre de 2009

TEMPO DE MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto.
Comimos castañas e mandarinas. Todo estaba moi bó.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Maruja Mallo na aula de 5ºA

Dende o comezo do curso, Maruja Mallo está a ser unha presenza viva nas aulas do terceiro ciclo.
Os nenos e nenas de 5º e 6º coñecen a súa vida e recrearon moitas das obras desta singular pintora.
Este é o traballo de 5ºA.
Parabéns, artistas.


sábado, 7 de noviembre de 2009

PINTURA e ADIVIÑAS

Imos xogar ás adiviñas.
Podes atopar a solución nos cadros de Antonio García Patiño, Urbano Lugrís e Maruja Mallo.
Envia o teu comentario.

1. Cinco paociños son
e no medio está o maior.
¿Que cousa é que anda
e non gasta cartos nin zapatos?


3. Cariña sonrosada,
corpo espiñoso,
¿por que tés abrazo
tan doloroso?

sábado, 31 de octubre de 2009

Loita Galega e Ciencia sin palabras

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º asistiron a unha exhibición de loita galega, participaron nos exercicios e pasárono moi ben.
O noso agradecemento á Federación galega de loita.




Tamén disfrutaron cos divertidos experimentos nunha sesión de Ciencia sin palabras.

corre corre, cabaciña.

Nestas datas a lectura e a música poden traballarse xuntas.
Se premedes sobre a imaxe so libro de "Corre corre, cabaciña" poderedes realizar unha actividade de comprensión lectora, e se o facedes sobre o de "Contos en cantos", escoitaredes parte da música que a autora do libro Almudena Janeiro, fai sobre o mesmo así como os comentarios sobre o aproveitamento do seu traballo.

A combinación é fantástica.

jueves, 29 de octubre de 2009

A castañeira.



Obra en bronce de Daniel Calvo Pérez, escultor cego palentino, donada pola ONCE para o concello de Palencia.

Preme sobre a imaxe da dereita para ver en vídeo o conto popular da castañeira (castelán).

A castaña

Documental sobre a castaña en Galicia, e conto con pictogramas en vídeo sobre "O verme das castañas".

Tira de Quino, MAFALDA.

lunes, 26 de octubre de 2009

Pintura e pantasmas.



Ordea as imaxes e pensa un conto, ponlle nome ao pantasma e imaxina unha aventura fantástica. Cando a teñas, pasa pola biblioteca e atopa o conto que ten estas ilustracións... sabes o seu título, autor/a e ilustrador/a?
Pode ser que o teu conto sexa máis divertido!!
Escríbeo para compartilo...

viernes, 23 de octubre de 2009

Un paseo no Hidria

Os nenos e nenas de 5º visitan o barco a vapor Hidria.

Vídeo elaborado por Mª Carmen Pernas, titora de 5ºA

lunes, 19 de octubre de 2009

Contos de pantasmas en Samaín.

Este ano na biblioteca celebraremos o día de Samaín, Defuntos, Halloween... lendo contos de pantasmas... se premes na pantasma branca atoparás o listado de libros en galego que hai na biblioteca sobre o tema.
Se premes na pantasma verde atoparás o listado desta temática coa palabra "fantasma" en castelán.

Prepárate a ter un bo calafrío...

domingo, 18 de octubre de 2009

Comprensión lectora de contos en galego.


Escoita e le estes contos... logo contesta as preguntas propostas e averigua todo o que comprendiches.
Estes mesmos contos podes lelos noutras linguas.

jueves, 1 de octubre de 2009

miércoles, 30 de septiembre de 2009

jueves, 24 de septiembre de 2009

DE CORES E PINTORES

Ola amig@s,
Vou dicirvos xa por que estou vestido de pintor.É moi sinxelo. Este curso imos aprender moitas cousas dalgúns pintores da nosa comunidade: onde naceron, en que sitios estiveron, que técnicas empregaron e, sobre todo, que cuadros pintaron.
Imos traballar xuntos, o equipo da Biblioteca e o de Normalización Lingüistica.
Para este trimestre eliximos estes tres pintores:

Ciclo I: Antonio García Patiño

Ciclo II: Urbano Lugrís

Ciclo III: Maruja Mallo
(Se premedes no seu nome atoparedes información)

Esperamos a colaboración de todos e todas: profes, nenos e nenas, pais e nais...
Ánimo, e a darlle cor ó curso.

jueves, 10 de septiembre de 2009

Benvid@s


Ola a todos e todas,
Xiralibro e o equipo da Biblioteca queremos darvos a benvida ao colexio e tamén informarvos que o noso blog xa está en marcha, para compartir con vós actividades, fotos, historias e outras cousiñas, ao longo deste novo curso.
Vistes a Xiralibro vestido de pintor? Si queredes saber por qué leva unha paleta e un pincel... atentos, haberá novas moi axiña.
Bicos


lunes, 22 de junio de 2009

Xa chegou o verán!!!

Felices vacacións a tod@s.
Vémonos en setembro.

Unha visita especial

Hoxe visitounos a selección española de hockey sobre patíns.

Houbo regalos, firma de autógrafos, fotos, preguntas aos xogadores e xogos.

Pasámolo moi ben coa mascota Oli.

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

viernes, 19 de junio de 2009

VISITA OUTRAS BIBLIOTECAS!!


Xiralibro quere lembrarvos que podedes seguir co préstamo de libros... e por iso se premedes na imaxe, veredes que hai moitas bibliotecas abertas nas datas que agora comezan, das que podedes levar libros para a casa, facer consultas, ler revistas ou os xornais do día, entrar na rede...

Visitade tamén a Casa da Xuventude...


Consultade as actividades de animación, ou preguntade por elas... que as veces hai moitas sorpresas.


Boas vacacións e boas lecturas.