Mostrando entradas con la etiqueta pantasmas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pantasmas. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de octubre de 2021

Concurso relatos e debuxos de Samaín


  Ola monstruosos e monstruosas escritores e debuxantes.

 Antes de nada queríamos darvos as grazas pola vosa participación. Foi unha tarefa arrepiante elexir os gañadores e gañadoras do concurso. Sen embargo houbo relatos e debuxos que puxerónnos particularmente os pelos de punta.

Non deixedes de ler e ver estas historias e monstruos.

GAÑADORES DO CONCURSO

jueves, 29 de octubre de 2015

Samaín

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar ás súas familias. O cristianismo, adoptando o aninovo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designou o primeiro de novembro como Día de Todos os Santos, e no século XII, o día seguinte, estableceríao como Día dos Defuntos.
A nosa Biblioteca transformouse esta semana para recibir estas visitas tan especiais...


 Xiralibro escolleu para ti as MELLORES HISTORIAS DE MEDO. Atrévete con elas!

martes, 30 de noviembre de 2010

Xiralibro é testemuña dunha visita fora do normal.

Como pode observarse nestas fotos, o día 29 de novembro a biblioteca do Fleming recibe ao ministro Ángel Gabilondo, alcalde Abel Caballero, conselleiro Jesús Vázquez e un grupo de persoas destacadas no ámbito da política e educación que quixeron estar presentes nesta visita.
A temática de pantasmas está presente na decoración desta dependencia...

Para ler máis desta visita preme AQUÍ.

lunes, 26 de octubre de 2009

Pintura e pantasmas.



Ordea as imaxes e pensa un conto, ponlle nome ao pantasma e imaxina unha aventura fantástica. Cando a teñas, pasa pola biblioteca e atopa o conto que ten estas ilustracións... sabes o seu título, autor/a e ilustrador/a?
Pode ser que o teu conto sexa máis divertido!!
Escríbeo para compartilo...

lunes, 19 de octubre de 2009

Contos de pantasmas en Samaín.

Este ano na biblioteca celebraremos o día de Samaín, Defuntos, Halloween... lendo contos de pantasmas... se premes na pantasma branca atoparás o listado de libros en galego que hai na biblioteca sobre o tema.
Se premes na pantasma verde atoparás o listado desta temática coa palabra "fantasma" en castelán.

Prepárate a ter un bo calafrío...