martes, 28 de marzo de 2023

Partida do Scrabble

 Recordade que aínda podedes xogar ao Scrabble, xa queda menos para acabar as letras.




Mulleres importantes na historia

 Seguimos cos seguintes capítulos gravados o 8 M, onde podemos coñecer mulleres moi relevantes na historia e algunhas curiosidades.



Neste capítulo aprendemos sobre:


-       Maruja Mallo, pintora española.

-       Arelys Henao, cantante e compositora da música colombiana.


Pincha aquí para escoitalo: Capítulo 6



Neste capítulo investigamos sobre:

 

-       Frida Kahlo, pintora mexicana.

-       Julia Minguillón, pintora española.


Pincha aquí para escoitalo: Capítulo 7


E aquí deixamos uns capítulos sobre curiosidades:


Curiosidades 1

Curiosidades 2

Curiosidades 3



lunes, 20 de marzo de 2023

Gañadores e gañadoras do reto matemático

 Esta semana repartimos os premios para os gañadores e gañadaras do reto matemático. Parabéns!! E grazas a todos e todas os que participáchedes.




miércoles, 8 de marzo de 2023

Radio no Día da Muller

 Hoxe conmemoramos o Día da Muller e  por aquí vos deixamos uns programas de radio cos que estivemos vendo a importancia da muller na historia. Coñecimos a mulleres médicas, científicas, investigadoras, deportistas, bailarinas...Todas destacadas no seu ámbito! Se queredes saber máis estade atentos e atentas aos próximos programas ou pasádevos pola exposición de libros da biblio.





Para escoitalo podedes pinchar aquí: Capítulo 1 Neste capítulo coñecemos a figura  da profesora, zoóloga e oceanógrafa Ángeles Alvariño e a deportista Danica Patrick, primeira muller en gañar unha carreira na IndyCar.
Capítulo 2: Margarita Salas. Neste capítulo nos adentramos na figura da bioquímica española Margarita Salas, discípula de Severo Ochoa.
Capítulo 3: Sophie Germain. Coñecemos a matemática e física francesa Sophie Germain, quen fixo importantes investigacións sobre a teoría dos números.
Capítulo 4: Margarethe Greta Hermann Neste capítulo aprendemos sobre a figura da matemática e filósofa alemana Margarethe Greta Hermann e a astrónoma alemana Carolina Herschel.

Nuns días subiremos os próximos capítulos.


domingo, 5 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller, na biblioteca temos unha exposición de libros cos que podedes coñecer a moitas mulleres importantes que fixeron historia.




Semana da Prensa

 Do 6 ao 10 de marzo celébarase a Semana da Prensa, para conmemorla propoñémosvos a seguinte actividade.




Novidades lectoras

 E aquí vos deixamos as novidades de marzo. Esperamos que vos gusten!




Rematamos os primeiros clubs de lectura

Coas recomendacións lectoras poñemos fin aos primeiros clubs de lectura. A próxima semana comezamos cos novos. Aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace aos podcast de cada un deles, por se queredes escoitalos de novo na casa.


Club de lectura "El club de los raros" de 4º:



Club de lectura "O xenio da cidade do Sal", de 5º:

Club de lectura "Conta nove estrelas", de 6º:

Pincha aquí para "Conta nove estrelas"Conta Nove estrelas



Xogos na quincena matemática

 Recordade que esta semana podedes utilizar os xogos matemáticos na hora de biblio e no recreo. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta semana.














viernes, 3 de marzo de 2023

Visita de Rosa Aneiros

Hoxe  volvemos ter a visita de Rosa Aneiros, a escritora do libro "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", pero esta vez para poder conversar co alumnado de 5º.