viernes, 31 de octubre de 2008

LENDA DE SAMAÍN

A avoa de Noelia Prado, de 6º D, contounos isto sobre o Samaín.


jueves, 30 de octubre de 2008

QUÉ MOVIDA!

Hoxe no Fleming houbo moita actividade.

Os nenos e nenas de 5ºA representaron a obra de teatro "Indo para o Samaín". Qué ben lles saiu!! E ademáis estaban guapísimos. Parabéns, Menchu.

Os alumnos e alumnas de 6ºC falaron un pouco en inglés coa obra "Room on the broom", para celebrar Halloween. Tamén o fixeron estupendamente. Noraboa rapaces.




E os máis pequenos do colexio, o 1º ciclo, degustaron unha grande variedade de froitas de outono. Estaba todo delicioso.


Qué medo!!!

Xacobe Rascado, de 1º C, fixo este debuxo de Samaín. Grazas Xacobe, é moi bonito.


TEATRO EN INGLÉS






Onte, 29 de outubro, todo o alumnado do 2º e 3º ciclo disfrutou moitísimo coas obras de teatro en Inglés "Tall Tales" e "Robin Hood" que a compañía Clever Pants puxo en escea no noso cole.



Grazas á Concellería de Educación pola iniciativa.



miércoles, 29 de octubre de 2008

SAMAÍN

Pablo García, alumno de 6º C, buscou información sobre o Samaín e fixo este estupendo traballo.


Parabéns, Pablo.

Si queres ler o texto PREME AQUÍ

lunes, 27 de octubre de 2008

REFRÁNS

De Óscar Guillán, de 5º C


"Polo San Lucas e polo San Pastor, entran as noces en sabor, as mozas en amor e as vellas en dor"

CHOVE NA CIDADE


Hoxe está a chover miudiño.
Aquí tedes un poema do libro "Chove nos versos"
de Antonio García Teijeiro.


Non chove no nove
que chove no dez
resgárdate, nena,
no sete ou no seis.

E chove que chove
non chove no tres
que chove, rapaza,
no dous e no dez.

No catro non chove
mais chove no dez
se saes sen paraugas
ti mollas os pés.

sábado, 25 de octubre de 2008

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezou a andaina das mochilas viaxeiras polas casas dos nenos e nenas de 3º curso, .
Esperamos que o pasedes moi ben compartindo os libros e as películas coas vosas familias.

A BIBLIOTECA ABRE AS PORTAS

Os alumnos e alumnas de 6º inauguraron a biblioteca do cole coincidindo cunha data moi sinalada, o 24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA.
O escritor Agustín Fernández Paz, premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 dixo:
"Onda hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas"
Oxalá que todos sintamos a necesidade desa luz nas nosas vidas.

jueves, 23 de octubre de 2008

FALANDO DE LIBROS


CORRE, CORRE, CABACIÑA
Os nenos e as nenas sempre se
levan moi ben cos seus avós e
avoas.
Cando leas este libro, descubrirás
o que argallan unha neta e a súa
avoa para sair dun tremendo apuro.

Si queres ver e escoitar como comeza
o libro PREME AQUI



jueves, 16 de octubre de 2008

TEMPO DE OUTONO


ADIVIÑA


PUCHEIRIÑO PEQUENIÑO

GARDA RICO MANXARIÑO,

NIN COCIDO,NIN GUISADO,

NIN NO LAR AFERVENTADO

E COMELO HAS DE SABER

SEN GARFO E SEN CULLER.

Primeiro día de colexio para os nenos e nenas do Fleming. Benvidos.