sábado, 31 de octubre de 2009

Loita Galega e Ciencia sin palabras

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º asistiron a unha exhibición de loita galega, participaron nos exercicios e pasárono moi ben.
O noso agradecemento á Federación galega de loita.




Tamén disfrutaron cos divertidos experimentos nunha sesión de Ciencia sin palabras.

corre corre, cabaciña.

Nestas datas a lectura e a música poden traballarse xuntas.
Se premedes sobre a imaxe so libro de "Corre corre, cabaciña" poderedes realizar unha actividade de comprensión lectora, e se o facedes sobre o de "Contos en cantos", escoitaredes parte da música que a autora do libro Almudena Janeiro, fai sobre o mesmo así como os comentarios sobre o aproveitamento do seu traballo.

A combinación é fantástica.

jueves, 29 de octubre de 2009

A castañeira.



Obra en bronce de Daniel Calvo Pérez, escultor cego palentino, donada pola ONCE para o concello de Palencia.

Preme sobre a imaxe da dereita para ver en vídeo o conto popular da castañeira (castelán).

A castaña

Documental sobre a castaña en Galicia, e conto con pictogramas en vídeo sobre "O verme das castañas".

Tira de Quino, MAFALDA.

lunes, 26 de octubre de 2009

Pintura e pantasmas.



Ordea as imaxes e pensa un conto, ponlle nome ao pantasma e imaxina unha aventura fantástica. Cando a teñas, pasa pola biblioteca e atopa o conto que ten estas ilustracións... sabes o seu título, autor/a e ilustrador/a?
Pode ser que o teu conto sexa máis divertido!!
Escríbeo para compartilo...

viernes, 23 de octubre de 2009

Un paseo no Hidria

Os nenos e nenas de 5º visitan o barco a vapor Hidria.

Vídeo elaborado por Mª Carmen Pernas, titora de 5ºA

lunes, 19 de octubre de 2009

Contos de pantasmas en Samaín.

Este ano na biblioteca celebraremos o día de Samaín, Defuntos, Halloween... lendo contos de pantasmas... se premes na pantasma branca atoparás o listado de libros en galego que hai na biblioteca sobre o tema.
Se premes na pantasma verde atoparás o listado desta temática coa palabra "fantasma" en castelán.

Prepárate a ter un bo calafrío...

domingo, 18 de octubre de 2009

Comprensión lectora de contos en galego.


Escoita e le estes contos... logo contesta as preguntas propostas e averigua todo o que comprendiches.
Estes mesmos contos podes lelos noutras linguas.

jueves, 1 de octubre de 2009