Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Chegou Magosto

 
Con pictogramas.

viernes, 2 de noviembre de 2012

O día 9 celebramos o Magosto no colexio.

Enlace a moitos recursos. Do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos. 


Canción para cantar "Non chas quero, non chas quero..."

Enlace a recursos de "O recanto de Mik".

Enlaces seleccionados por TIC_IÑ@ e o equipo das TIC.
O día 9 de novembro será o día da celebración do noso Magosto... unha das festas galegas máis antigas de carácter agrario.

Polo San Martiño celebrábanse divertidas reunións nas casas nas que se comían as castañas asadas (entre a foupa), acompañadas por chourizos e polo primeiro viño tinto da colleita do ano.

lunes, 23 de noviembre de 2009

TEMPO DE MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto.
Comimos castañas e mandarinas. Todo estaba moi bó.

jueves, 29 de octubre de 2009

A castañeira.



Obra en bronce de Daniel Calvo Pérez, escultor cego palentino, donada pola ONCE para o concello de Palencia.

Preme sobre a imaxe da dereita para ver en vídeo o conto popular da castañeira (castelán).

A castaña

Documental sobre a castaña en Galicia, e conto con pictogramas en vídeo sobre "O verme das castañas".

miércoles, 19 de noviembre de 2008

TEMPO DE CASTAÑAS

Hoxe, os do Terceiro ciclo foron ó Parque Forestal de Saiáns. O día estaba espléndido e as castañas moi boas.

Tamén o pasaron de maravilla.
Estas son algunhas das fotos que fixemos.






sábado, 15 de noviembre de 2008

CHEGOU O MAGOSTO

Todos os nenos e nenas do primeiro Ciclo, cos seus profes, celebraron o Magosto. Tiñan pensado ir ó monte, pero choveu, e tiveron que quedarse no patio do cole.

Pasárono moi ben e as castañas estaban boísimas.

Mirade cómo disfrutaron.

viernes, 7 de noviembre de 2008

Magosto tamén no colexio

Nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (San Martiño), adóitase celebrar a festa do Magosto, onde non faltan as castañas asadas no lume, os chourizos, a empanada..
CANTIGAS POPULARES

Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto;
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.


Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas meniñas
catro castañas asadas.


As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara
para min son dous feitizos.
...
San Martiño de Ourense,
bota as castañas embaixo,
pero bótaas ben grandiñas
que ás pequenas non me abaixo.


Moza que estás no canizo,
bota castañas embaixo,
que anque non teño mandil
apáñochas co refaixo.
...

jueves, 16 de octubre de 2008

TEMPO DE OUTONO


ADIVIÑA


PUCHEIRIÑO PEQUENIÑO

GARDA RICO MANXARIÑO,

NIN COCIDO,NIN GUISADO,

NIN NO LAR AFERVENTADO

E COMELO HAS DE SABER

SEN GARFO E SEN CULLER.