jueves, 28 de octubre de 2021

Concurso relatos e debuxos de Samaín


  Ola monstruosos e monstruosas escritores e debuxantes.

 Antes de nada queríamos darvos as grazas pola vosa participación. Foi unha tarefa arrepiante elexir os gañadores e gañadoras do concurso. Sen embargo houbo relatos e debuxos que puxerónnos particularmente os pelos de punta.

Non deixedes de ler e ver estas historias e monstruos.

GAÑADORES DO CONCURSO

martes, 26 de octubre de 2021

Concurso de relatos e debuxos para o Samaín

 Recordade que hoxe é o último día para entregar os vosos relatos de medo e debuxos no buzón da entrada.




lunes, 25 de octubre de 2021

Chega o Samaín

Se xa pasastes pola biblio, seguro que vos decatastes da Semana na que estamos: 

chegou o Samaín!!

Estes días tedes unha selección de lecturas e películas "terroríficas" nos expositores. Botádelle un ollo!

Adiante valentes!

 








domingo, 24 de octubre de 2021

Comenzamos coas mochilas viaxeiras

Ola a todos e todas! 
Como xa sabedes xa comezan a rular as mochilas viaxeiras polas cosas casas. Nelas encontraredes aventuras,comics,películas...... DISFRUTADE delas e lembrade que son de todos e hai que coidalas e escribir o debuxar o que mais os gustou da vosa mochila.

miércoles, 13 de octubre de 2021

Ola, ola

 Ola nenos e nenas,

Xa estamos aquí de novo. Voltamos á biblioteca con moita ilusión e algo nervios@s , porque nos gusta ter todo listo para percorrer xuntos unha andaina, na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos máis.

Estamos argallando cousas moi divertidas para vós. Temos algunhas ideas que vos encantarán, xa veredes!!!

Estade atentos que pronto ábrese a biblio.

Ata a próxima.

X.