lunes, 22 de junio de 2009

Xa chegou o verán!!!

Felices vacacións a tod@s.
Vémonos en setembro.

Unha visita especial

Hoxe visitounos a selección española de hockey sobre patíns.

Houbo regalos, firma de autógrafos, fotos, preguntas aos xogadores e xogos.

Pasámolo moi ben coa mascota Oli.

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

viernes, 19 de junio de 2009

VISITA OUTRAS BIBLIOTECAS!!


Xiralibro quere lembrarvos que podedes seguir co préstamo de libros... e por iso se premedes na imaxe, veredes que hai moitas bibliotecas abertas nas datas que agora comezan, das que podedes levar libros para a casa, facer consultas, ler revistas ou os xornais do día, entrar na rede...

Visitade tamén a Casa da Xuventude...


Consultade as actividades de animación, ou preguntade por elas... que as veces hai moitas sorpresas.


Boas vacacións e boas lecturas.

domingo, 14 de junio de 2009

Exposición dos traballos

O curso vai chegando ao final e xa están os traballos elaborados polo alumnado, profesorado e familias, expostos na entrada do colexio... pasade cando teñades un minutiño que da gusto ver a cantidade e calidade dos mesmos.

Na foto aparece a responsable da biblioteca escolar Luz Díaz, traballadora incansable, cunha das persoas do equipo de biblioteca...
Graciñas por colaborar.

jueves, 11 de junio de 2009

Resultados da enquisa da biblioteca




Preme para ver os resultados da enquisa.
Graciñas por participar.