miércoles, 17 de diciembre de 2025

Recomendacións de Nadal

 Chega o Nadal! 

Seguro que nas vacacións apetécevos ler algo e por iso, entre todos e todas, deixamos aquí unhas recomendacións, que agardamos vos gusten!








lunes, 1 de diciembre de 2025

Creación dun espacio nova de lectura.


 Creouse un novo recuncho para poder desfrutar dun tempo de lecer adicado a lectura.

domingo, 9 de noviembre de 2025

Visita de Clara do Roxo o 6 de novembro

Clara do Roxo volve visitar o Fleming, para conversar co alumnado de 5º sobre o seu libro "A raposa Muiñeira" que traballamos todas as aulas deste nivel. 

Destacar que fixo que nos achegáramos ao querido Courel e que coñecésemos ese lugar dende o agarimoso mundo interior desta autora, onde atopamos uns animais cheos de humanidade e respecto pola natureza que foron fortes para tentar de resolver un problema que aparece no libro. Tamén sorprende a participación de Uxío Novoneira e a Santiña Compaña... que fixo que a lectura sexa perfecta para as datas de Samaín.

O mellor de todo e escoitala a ela falando de como xurde este libro que conecta familia, actualidade e mundo máxico galego. 

Non a coñecía, pero gustoume saber que forma parte da familia do Fleming.

viernes, 31 de octubre de 2025

Mochilas Viaxeiras


 Ca apertura da Biblioteca do DR. Fleming, comeza a viaxe por o mundo das letras a través das mochilas viaxeiras.

jueves, 30 de octubre de 2025

Xa chegou o Samaín


 Fixemos uns peixes monstruosos para asustar a barcos e navegantes.

lunes, 27 de octubre de 2025

Samaín




 Libros terroríficos para disfrutar do medo.

martes, 14 de octubre de 2025

Clubs de lectura. Encántanos

 Este ano o alumnado de sexto lemos os seguintes libros:

 

 

A posteriori se fixo como tarefa final unha obra de teatro e un podcast

 

viernes, 26 de septiembre de 2025

Comezo do curso


 

Comezamos o curso 2025/26 coa nova decoración da porta de Biblioteca 

martes, 24 de junio de 2025

Proxecto Anual: Un cole de cine

Aquí tedes un pequeno resumo do proxecto anual "Un cole de cine":

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepfleming/node/559


martes, 20 de mayo de 2025

Visitas con encanto

Ao longo dos meses de marzo e abril estamos a recibir aos autores, autoras e ilustradoras dos libros que lemos durante o curso. 
 

 

-       Visitas de autores:

 

·         11/3/25. Quinto curso  Autora Clara do Roxo co seu libro “ A raposa muiñeira”

                  ·         19/3/25. Terceiro curso. Autora Marta Villar co seu libro “ O peidos Máxicos de Sultán”.

·         19/3/25. Segundo curso. Autora Ledicia Costas co seu libros libros: “  Curriño Benvido ao equipo “ e “ Curriño o can influencer”.

·         22/4/25. Cuarto curso. Carlos Meixide co seu libro “ Anxela e Spencer”.

·         22/4/25. Sexto curso. Autora Andrea García Martínez co seu libro “ Animais Fantásticos de aldea “.

 
                                       Carlos Meixide                                              Clara do Roxo



                                            Marta Villar                                               Ledicia Costas




 

lunes, 19 de mayo de 2025

Clubs de lectura

Rematamos os primeiros clubs de lectura do curso.



Deixámosvos os programas de radio para que escoitedes sobre os libros "O xenio da Cidade do Sal" de Fina Casalderrey e "Invisible" de Eloy Moreno.

 CLUB LECTURA

sábado, 17 de mayo de 2025

Letras Galegas

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

Aquí deixámosvos dos podcast de 2º e 3º para que sepades un pouquiño máis sobre elas. Esperamos que vos gusten!

Podcast 2ºA

Podcast 3º


jueves, 24 de abril de 2025

Día do Libro

Como vén sendo costume no cole, este 23 de abril non podiamos pasar sen conmemorar o DÍA DO LIBRO. Os padriños e madriñas pasaron a recoller aos seus afillados e afilladas para compartir un tempiño marabilloso de lectura. 







A orixe do día do libro remóntase a 1930. 
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a elixida para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores/as e alentar a todos/as, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.

lunes, 31 de marzo de 2025

Semana da Prensa

Conmemoramos a Semana da Prensa con reportaxes sobre películas e pescudando novas en xornais sobre o tema pois, este ano, estamos a traballar no proxecto sobre o Cine.







viernes, 28 de febrero de 2025

lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía

Conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro cunha árbore chea de vida grazas aos versos dos poemas que a nosa escritora máis universal nos deixou.