viernes, 26 de abril de 2024

Día do Libro

 O 23 de abril celébrase o Día do Libro.  E seguro que pensades... E porque esta data e non outra?

A orixe do día do libro remóntase a 1930.

O 23 de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a elixida para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores/as e animar aos máis xoves a mergullarse na lectura.




Nós para celebralo tivemos moitas actividades.

As clases de 3º e 5º traballaron o libro "Unha botella de lentellas" e recibiron a visita de Leticia Barbadillo, compartiron inquedanzas e anécdotas.



Por outro lado, Carlos Meixide viu visitar as clases de 4º, co seu libro "Ánxela e Spencer".





Os máis pequenos e pequenas do cole tamén disfrutaron da visita de Ramón Romero. Gustunos moito o seu conto "A abelliña que perdeu as ás", co que traballamos a poesía de forma moi divertida.




Ademais deles, tamén tivemos outras visitas para celebrar este día.
Sabela Gago, actriz e profesora da compañía de teatro Sarabela Teatro, visitou a 2º.

Tamén realizamos un apadriñamento lector, e como o tempo o permitiu, poidemos facelo ao aire libre no patio todos xuntos.





Tamén realizamos convivencia lectora cos nosos compis do Vila Laura, algunhas clases subimos a visitalos e outras recibimos a súa visita.



Ademais, nos recreos, o voluntariado de biblio de 6º preparou uns contos para o alumnado de 1º.  Elixiron 4 contos: “El sombrero del Mago”, co que traballamos “as palabras máxicas” e a imaxinación; “Ata que poidamos abrazanos”, co que traballaron valores como a amizade ou ser capaces de amosar diferentes formas de querer; “Empanada de Mamut” ou “Pepita es especial” co cal aprendemos que as diferencias non son malas e coñecimos información acerca do Síndrome de Down.

E para amenizar esta semana, non podía faltar algo de música! Tivemos a sorte de ter un concerto didáctico de trombón para o alumnado de 3º, nel participaron alumnos do noso centro e o seu profesor. Parabéns pola vos actuación!














domingo, 3 de marzo de 2024

Reto matemático

Chegou marzo e con ell a quincena matemática. Por un lado, para 1º, 2º, 5º e 6º propoñémosvos os retos matemáticos. Podedes pinchar nos diferentes cursos para proxectalos.
 Ademais, durante estas semanas nas mesas de biblio teredes xogos matemáticos.
Animádevos a participar!!!
 







viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro

Hoxe é o Día de Rosalía De Castro. Para celebralo fixemos unha liña do tempo coa sua vida. 

Por outro lado, os pequenos visitamos o Vilalaura para compartir este día, interpretando unha cación dun poema de Rosalía e ilustrando xuntos un poema.

Ademais, recordade que tedes na biblioteca unha exposición sobre a súa obra.










domingo, 11 de febrero de 2024

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, día elixido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidades co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para mulleres e nenas.

Na biblioteca temos preparada unha exposición temática sobre as mulleres científicas e un xogo de cartas para que descubrades a súa importancia. Estará durante todo o mes de febreiro.







lunes, 5 de febrero de 2024

Entroido no Fleming

 Xa temos o cole adornado para o Entroido e como podedes ver, ambientado nas diferentes épocas da historia, seguindo o Proxecto Anual "A máquina do tempo".










lunes, 29 de enero de 2024

Día da Paz

 Mañá celebramos o Día da Paz no cole e na biblio temos unha serie de libros recomendados que esperamos que vos gusten.



sábado, 13 de enero de 2024

Novidades

Xa están dispoñibles as novidades de xaneiro.