viernes, 27 de marzo de 2020

Quincena matemática

Neste momento deberiamos estar celebrando a Quincena Matemática. O letreiro xa estaba posto cando, de súpeto, vimos interrompidas as nosas actividades.
Non vos preocupes porque á volta de Semana Santa poderemos facer esos retos que tanto nos gustan

DÍA DO TEATRO

O día 27 de marzo de cada ano conmemoramos o DÍA DO TEATRO.
Celébrase desde 1961 e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro coa finalidade de dar acoñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.

Propoñémosvos un par de vídeos para que disfrutedes deste arte:




martes, 24 de marzo de 2020

Hoxe faleceu  Albert Uderzo autor de Astérix e Obélix.
Desde o cole queremos facerlle a nosa homenaxe lembrando a Quincena do Cómic do ano 2018 que adicamos a "Personaxes que viaxan polo mundo" e na que non faltaron Astérix e Obélix:
           

sábado, 21 de marzo de 2020

DIA DA POESÍA

Para conmemorar este día da poesía propoñémosvos un fermoso poema do libro "VERSOS E VICEVERSOS" de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos:

Aínda que non podemos achegarnos fisicamente á biblioteca do cole, imos procurar achegala recordando algunhas actividades do curso pasado:








 Unha pequeniña mostra da poesía que podes atopar na biblio:
 




martes, 17 de marzo de 2020

Conto "O Pirata Valente"

Hoxe propoñémosvos o conto "O pirata Valente" de Ricardo Alcántara:

lunes, 16 de marzo de 2020

KALANDRAKA TV

Deixámosvos o enlace da canle KALANDRAKA TV para que nestes días nos que non podemos saír da casa aproveitemos a escoitar contos, recomendacións lectoras, cantar...

miércoles, 11 de marzo de 2020

Visita de Rosa Aneiros

Hoxe recibimos no cole a Rosa Aneiros. A autora de "Xelís, o guieiro das botellas de mar" e "Orestes perde o sentido" conversou cos nenos e nenas de 4º e 5º e resolveu algunhas das súas inquedanzas.
Recibírona con varios agasallos...


          

        

martes, 10 de marzo de 2020

Máis contos de inverno

Hoxe tivemos outra sesión de contacontos.
Os nenos e nenas de 2º D prepararon unha adaptación de Que leria ser princesa de Carmen Gil.
O grupo de 6ºD achegounos unha morea de historias: Xa vou, Daniela Pirata, O año que é un porquiño, Daniela y las chicas pirata, Los lobos que nivienron a cenar.
Que ben o pasamos!
               

                     

        

         

Visita de Rosa Aneiros

Despois de ler "Xelís, o guieiro das botellas do mar", o alumnado de 4º e 5º tivo a oportunidade de intercambiar opinións e facer as preguntas que desexaron á autora do libro Rosa Aneiro, quen ademais non tivo inconvinte en asinar máis de 100 libros:




lunes, 9 de marzo de 2020

Semana da prensa

Aquí vai a proposta conxunta dos Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega:


Semana da prensa



Durante a semana do 9 ao 13 traballaremos con diferentes xornais tanto nacionais como internacionais  nas aulas. Na porta da  biblioteca poderemos ler artigos escritos polos mellores"periodistas escolares" do CEP Doutor Fleming, e decidiremos cales son verdadeiros e cales son falsos. Anímate a participar e deixa a túas respostas no mostrador da biblio.


domingo, 8 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller


Nunha data tan importante coma a de hoxe, deixámosvos un boletín cheo de lecturas relacionadas co tema:


sábado, 7 de marzo de 2020

Contacontos: "A boneca de transistores"

O grupo de 6ºC contounos unha historia divertidísima. Se nunca escoitaste "A boneca de transistores" de Gianni Rodari, aquí tedes a oportunidade:


viernes, 6 de marzo de 2020

Sesión de contacontos

Esta vez foron os compañeiros/as de 2º C e 6º C os que se encargaron das sesións de contacontos.
Que ben o pasamos!

   


   
  



Contos de inverno

A quenda hoxe foi para 2ºA que preparou unha sesión de contacontos para 6ºA sobre o libro Bruxa e familia de Paula Carballeira.


lunes, 2 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

Aquí deixamos a exposición de libros que está dispoñible na biblio do cole: unha selección de títulos que agardamos que vos guste.