Xa temos publicado o vídeo tan solicitado... coas fotos seleccionadas (algunhas aportadas polas familias e outras cedidas pola mestra que visitou o país).
É o vídeo que foi visualizado polo alumnado durante a exposición de Etiopía na biblioteca.
O luns día 28 de xaneiro comeza no colexio a "Semana da paze a multiculturalidade", a biblioteca estará aberta para visitar a exposición de obxectos de Etiopía cedidos polas nosas familias galego/etíopes. Tamén será posible visionar dúas películas: unha elaborada no propio centro sobre diferentes partes do país, e a outra cedida por Menoriapara coñecer a vida do atleta Abebe Bikila.
Trátase dun país grande e cheo de contrastes, polo que para comezar podemos visualizar un vídeo dunha hora no que algúns españoles que traballan en Etiopía dan unha visión real do que acontecía alí no 2009. Preme para acceder ao vídeo.
É interesante tamén o vídeo de Ovidio Fernández "Shoots from Abyssinia", longametraxe no que un rapaz etíope reencóntrase coa súa terra. Este é un trailer.
Neste vídeo "Sabores do mundo. Etiopía" persoas de orixe Etíope que están en España falan da súa vida aquí.
Atopamos na rede este diario debuxado da viaxe dun aventureiro, Joaquín González Dorao, por Etiopía... pareceunos unha estupenda sorpresa que tiñades que ver!!
A celebración no centro do día 30 de xaneiro, día da paz e non violencia, vai quedar enriquecido co achegamento á cultura etíope... preparádevos que estamos no camiño!!