viernes, 30 de octubre de 2015

Semana Literaria de Outubro

Comezamos a colaboración co Equipo de Normalización. Cada mes iremos amosando os libros dispoñibles na Biblio do autor que se traballe nas aulas para o calendario.
Aquí tedes o primeiro:

jueves, 29 de octubre de 2015

Samaín

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar ás súas familias. O cristianismo, adoptando o aninovo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designou o primeiro de novembro como Día de Todos os Santos, e no século XII, o día seguinte, estableceríao como Día dos Defuntos.
A nosa Biblioteca transformouse esta semana para recibir estas visitas tan especiais...


 Xiralibro escolleu para ti as MELLORES HISTORIAS DE MEDO. Atrévete con elas!

lunes, 26 de octubre de 2015

Semana Literaria

Este luns comeza a SEMANA LITERARIA dentro do Calendario que o Equipo de Normalización promove e que desde as aulas facemos realidade. Este mes de outubro está adicada a JACOBO FERNÁNDEZ e desde a Biblioteca queremos amosarvos os títulos dispoñibles para que poidades disfrutar deles. Animádevos a lelos!


lunes, 5 de octubre de 2015

Formación de usuarios

Nestes primeiros meses do curso, coma sempre levamos a cabo a formación do profesorado.





ITINERARIOS LECTORES

A partir de hoxe, os nenos e nenas terán nas aulas os Itinerarios Lectores. Agardamos que disfruten moito con eles!!

jueves, 1 de octubre de 2015

AS MOCHILAS SAEN AOS SEUS DESTINOS

Agora si! As Mochilas comezaron a súa longa viaxe e ata o mes de xuño non poderán descansar!

MOCHILAS VIAXEIRAS PREPARADAS, LISTAS...XA!

As Mochilas Viaxeiras xa están listas para percorrer as casas de todos os nenos e nenas que o desexen. Agardamos que ao longo da mañá partan cara os seus destinos!