As nenas e nenos de 3º B estiveron practicando pareados coa súa titora para despois gravar en radio, aquí os podedes escoitar. Pareados 3ºB
domingo, 18 de junio de 2023
miércoles, 14 de junio de 2023
domingo, 30 de abril de 2023
Gloria Fuertes na radio
Os de 3ºA e 3ºD estiveron facendo diferentes actividades sobre Gloria Fuertes e para que poidamos escoitar todos e todas os seus podcast deixámosvos por aquí os dous enlaces. Parabéns polo traballo!
martes, 28 de marzo de 2023
Mulleres importantes na historia
Seguimos cos seguintes capítulos gravados o 8 M, onde podemos coñecer mulleres moi relevantes na historia e algunhas curiosidades.
Neste capítulo aprendemos sobre:
- Maruja Mallo, pintora española.
- Arelys Henao, cantante e compositora da música colombiana.
Pincha aquí para escoitalo: Capítulo 6
Neste capítulo investigamos sobre:
- Frida Kahlo, pintora mexicana.
- Julia Minguillón, pintora española.
Pincha aquí para escoitalo: Capítulo 7
E aquí deixamos uns capítulos sobre curiosidades:
miércoles, 8 de marzo de 2023
Radio no Día da Muller
Hoxe conmemoramos o Día da Muller e por aquí vos deixamos uns programas de radio cos que estivemos vendo a importancia da muller na historia. Coñecimos a mulleres médicas, científicas, investigadoras, deportistas, bailarinas...Todas destacadas no seu ámbito! Se queredes saber máis estade atentos e atentas aos próximos programas ou pasádevos pola exposición de libros da biblio.
domingo, 5 de marzo de 2023
Rematamos os primeiros clubs de lectura
Coas recomendacións lectoras poñemos fin aos primeiros clubs de lectura. A próxima semana comezamos cos novos. Aquí vos deixamos algunhas fotos e o enlace aos podcast de cada un deles, por se queredes escoitalos de novo na casa.
Club de lectura "El club de los raros" de 4º:
domingo, 19 de febrero de 2023
Rematando os primeiros clubs de lectura
martes, 14 de febrero de 2023
Día Mundial da Radio
O día 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio, este día foi elexido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) no ano 2012.
Para celebralo estivemos gravando as recomendacións lectoras dos libros que rematamos nos clubs de lectura de 5º e 6º: "La historia de Iqbal" de Francesco D'Adamo e "Folla Azul" de Andrea Maceiras.
Estas gravacións emitíronse o Día Mundial da Radio na hora lectora. Esperamos que vos gustaran e vos animedes a ler os libros.
martes, 3 de mayo de 2022
Concurso Radio na Biblio
Este é o segundo ano que o cole se presenta ao Concurso de Podcasts - Radio na Biblio.
Emocionadísimos quedamos co traballo realizado. Agardamos ter sorte!
Se queredes escoitalo, clicade na imaxe:









