Mostrando entradas con la etiqueta día libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día libro. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2023

Contacontos no EEI Vila Laura

E seguimos con actividades realizadas polo Día do Libro.

Este ano os nosos compis do colexio EEI Vila Laura invitáronnos a realizar unha xornada de apadriñamentos lectores. O alumnado de 6º sentouse con 2/3 alumnos das diferentes clases de infantil para contarlles un conto...foi unha actividade moi bonita!!

Despois fixemos un taller de Gloria Fuertes co alumnado de 5 anos nas súas aulas. Léronlles un poema e o ilustraron xuntos.

Foi unha xornada de convivencia moi chula!

Podedes ver un vídeo resumo deste día e o enlace ao seu blog. Pincha aquí: http://vilalaurainfantil.blogspot.com




sábado, 29 de abril de 2023

Apadriñamentos lectores

E aquí vos deixamos un vídeo dos apadriñamentos lectores, pasámolo moi ben compartindo lecturas cos compañeiros e compañeiras!


jueves, 22 de abril de 2021

Día do Libro

Hoxe, día 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO. Sabedes por que?
A orixe do día do libro remóntase a 1930. 
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a elixida para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores/as e alentar a todos/as, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.

Este ano propuxémosvos dúas actividades:
- ilustrar o lema "A MIN GÚSTAME LER"
- escribir un relato curto ambientado nun lugar de Galicia.
Aquí temos os debuxos e relatos seleccionados:
  


Un conto para todas as idades, que seguro vos fai pensar...

Deixamos aquí algunhas actividades máis para os que queirades seguir celebrando o Día do Libro:
  • Poemas de Xela Arias. Clica na imaxe:

  • Bookface: fúndete cun libro.
 


   

  • Agasalla a quen ti queiras cunha rosa:
   
                     TARXETA                               MARCAPÁXINAS

  • Día do Libro e Dereitos de Autor



O seu texto de Elvira Ribeiro sobre o libro e a lectura, un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor/2021. As imaxes son unha colaboración, así mesmo, de Cristina Novoa.



sábado, 25 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Menuda sorpresa recibimos hoxe!
Algúns compañeiros/as de 1ºA e 4º A agasalláronnos cuns vídeos fermoso seguindo as propostas que deixamos para o día do libro.
MOITAS GRAZAS ANTÓN (1ºA), MARTINA (4ºA),  CARMEN (4ºA), MARTÍN (1ºA) E NOGC CHUNG (4ºA)








jueves, 23 de abril de 2020

DIA DO LIBRO

BO DÍA DO LIBRO A TODOS/AS
Aínda que non poidamos celebrar o día do libro todos xuntos como en cursos anteriores e non sexa posible facer actividades coma a dos apadriñamentos no patio, non queriamos que esta data pasase sen máis. Por iso, vos facemos varias propostas:

1) Crear unha historia empregando títulos de libros (que podes ter na casa ou que leras e coñezas). Fíxate no seguinte exemplo:


2) Apadriñamento lector: colle o teu libro favorito e senta con algunha das persoas que están ao teu lado estos días a ler un anaquiño del.

3) Facer un audiolibro: elixe un conto ou un poema que che guste e  grávate lendoo. Podes facer algúns efectos especiais, empregar diferentes voces... Cando o teñas listo, escóitate. Que opinas? Podes pedir que interveñan outras persoas.


4) Superar unha "Gymkana Literaria":

5) Escoitar unha incrible colección de contos e historias:


6) Ver algún dos seguintes Contos:


7) Ver os seguintes curtos:

  

miércoles, 22 de abril de 2020

SESIÓN DE CONTACONTOS - 23 ABRIL

SESIÓN DE CONTACONTOS

XOVES, 23 ABRIL ÁS 12.00 HORAS

O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.
#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa

Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez
“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)
Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.

viernes, 10 de mayo de 2019

Recomendacións lectoras - Día do libro

Hoxe rematamos o mural de recomendacións lectoras:


Como este curso estamos a traballar no proxecto "A volta ao mundo de Magallanes e Elcano", pensamos que a mellor maneira de percorrer lugares é coa lectura. Por este motivo decidimos facer, coas aportacións de todo o alumnado do cole, este fermoso mural.

VIAXAR E LER...... O MELLOR PARA SABER

viernes, 12 de abril de 2019

Poesía

Este mes de abril tedes unha selección de libros de poesía no expositor da biblioteca.

sábado, 6 de abril de 2019

Poesía para o mes do libro

Seguimos disfrutando todo o mes de abril da poesía. Aquí vos deixamos uns vídeos cos que pasaredes un bo ratiño: 






lunes, 27 de agosto de 2018

O Principiño

Agora que estamos a piques de comezar un novo curso, recordamos un dos contos que traballamos e que seguro vos soa:

O PRINCIPIÑO on PhotoPeach

miércoles, 16 de mayo de 2018

MURIEL - MARÍA CANOSA

Despois de ler MURIEL (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017), os nosos compañeiros/as de 5º reciben hoxe a visita de María Canosa.
  

         

Unha chea de agasallos agardaban á autora:

Muriel - María Canosa on PhotoPeach

 

jueves, 10 de mayo de 2018

V Quedada Literaria

O martes, algunhas aulas do cole participaron na V Quedada Literaria en Castrelos. Unha actividade coa que se quere impulsar o gusto pola lectura e compartir eses momentos con outros. Mirade que ben o pasaron:

V Quedada Literaria on PhotoPeach  

V Quedada Literaria (Castrelos) on PhotoPeach

Podedes atopar máis información nos seguintes enlaces:
FARO DE VIGO
ATLÁNTICO

Estos son algúns dos agasallos que recibimos:

miércoles, 9 de mayo de 2018

Exposición sobre Julio Verne en Vigo

Durante a semana do libro estivemos a ler "Veinte mil leguas de viaje submarino". Se vos gustou a lectura, seguro que tamén vos interesará saber que ata o 16 de setembro podedes disfrutar da exposición "Julio Verne. Los límites de la imaginación" no MARCO. Para máis información, aquí vos deixamos o ENLACE


viernes, 4 de mayo de 2018

El Principito 1ºA

Deixámosvos os contos dos nenos e nenas de 1º A:


miércoles, 2 de mayo de 2018

Fotos do Día do libro

Aquí vos deixamos máis fotos dos apadriñamentos lectores do Día do Libro:

Apadriñamentos lectores on PhotoPeach

 Día do libro 6ºD-2ºD on PhotoPeach

lunes, 30 de abril de 2018

Fin do mes do libro

Despedimos o mes do libro con algunhas fotos das exposicións de libros que estiveron á vosa disposición na biblioteca:




E, para rematar, unha colección moi especial dos profes do cole Fernando e Fátima:

domingo, 29 de abril de 2018

Semana do Libro

Comezamos a semana celebrando o Día do Libro cun contacontos a cargo dos nenos e nenas do Club de Lectura de 4º "O Capitán Maimiño":
    


Seguimos cos apadriñamentos lectores:

E para rematar a semana, recibimos a visita de Pinto & Chinto, autor do libro "Minimaladas":


    

    

domingo, 22 de abril de 2018

LECTURAS PARA A SEMANA DO LIBRO

Esta semana comeza co Día do Libro. Imos celebralo lendo "El Principito" de Antoine de Saint-Exupéry e "20000 Leguas de viaje submarino" de J. Verne. 

Selecciona a versión que queres ler de "El Principito" facendo clic enriba da imaxe:

              

Aquí vos deixamos a lectura recomendada de J. Verne: