sábado, 31 de octubre de 2020

Máis recomendacións para estas datas

Nesta fin de semana que non podemos movernos moito, recomendámosvos unha serie de pelis para que pasedes un bo ratiño en familia:



Coidado! son pelis para nenos e nenas valentes!!

viernes, 30 de octubre de 2020

Recomendacións para estas datas

 E marchamos un par de días con estas recomendacións que podes atopar na biblioteca:


Os últimos títulos que atoparás no andel de novidades son:



Podes escoitar o comezo dalgúns destes contos a continuación:



jueves, 29 de octubre de 2020

Concurso Samaín

Recordade que mañá é o último día para deixar 
o voso relato curto ou debuxo terrorífico na entrada do cole.



Animádevos a participar!!!💀💀💀🙀🙀🙀



lunes, 26 de octubre de 2020

Samaín - actividade para todos

Entramos na semana do Samaín!! 👻👻👻😸😸😸

Trátase dunha celebración que ten lugar durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro.

A palabra "SAMAÍN" significa "fin do verán" e iso era precisamente o que se celebraba: o cambio da estación cálida á fría e o final da recollida da colleita.

Para os celtas, este era o última día do ano e chamábanlle "a noite dos calacús" (noite das cabazas). Nesta data abríanse as portas do máis alá e os espíritos invadían por unhas horas o mundo dos vivos. Coa fin de espantalos acendíanse cacharelas e amosábanse caveiras.

De momento podedes recitar entre todos este conxuro para espantar a bruxas e pantasmas:


SAPOS, BRUXAS E CURUXAS
QUE ANDADES POR ESTE COLEXIO,
AFASTADE DE NÓS ESTES MEDOS
E ESPANTADE OS NOSOS PESADELOS.

Propoñémosvos unha sinxela actividade

Clicade en XIRALIBRO para acceder aos vídeos explicativos:


E para os que queirades saber máis cousiñas sobre o Samaín...

DOCE COUSAS QUE DEBES SABER SOBRE O SAMAÍN

Máis actividades relacionadas co SAMAÍN

Propoñémosvos algunha actividade máis relacionada co SAMAÍN: 

CONCURSO DE RELATO CURTO DE TERROR

CONCURSO DE DEBUXO DE TERROR

Clica nas seguintes imaxes:

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!💀💀💀


Aquí vos deixamos un conto para os nenos/as máis valentes do cole:


sábado, 24 de octubre de 2020

Dia das bibliotecas Escolares

 Abrimos de novo as portas da biblioteca do Fleming despois de case oito meses no que os libros, uns bos compañeiros de viaxe, sentíronse moi solos, canto os botaron de menos,... sen a presencia das rapazas e dos rapaces que  a visitaban  en busca de boas lecturas para aprender e divertirse. 📚📚📚📚📚📚.

Este curso vai a ser "especial", pero non por iso imos deixar de disfrutar lendo.

Benvidos e benvidas de novo! 

Unha chea de libros agardan por tod@s nos andeis da biblio, pero con "sentidiño" e seguido as normas. 😷.

Seguimos celebrando e facendo visibles as escritoras galegas.


Aquí podes obter mais información premendo no nome da escritora.





Rosalía   


























































































martes, 20 de octubre de 2020

lunes, 19 de octubre de 2020

Día das Escritoras

Hoxe conmemoramos o Día das Escritoras.

Coa celebración desta data, preténdese reivindicar o papel das mulleres escritora na historia.

Seguro que coñecedes moitas, aquí vos deixamos algunhas, pero animámosvos a que investiguedes un pouco sobre o tema!!

  
                                          ANA MARÍA MATUTE                    ENID BLYTON
   
                                J. K. ROWLING                                        GLORIA FUERTES

  
                                ROSALÍA DE CASTRO                                    VIRGINIA WOOLF



lunes, 5 de octubre de 2020

Proxecto Anual "Viaxando por Galicia"

Como ven sendo habitual, cada curso escollemos un tema para o noso proxecto anual. Este ano viaxaremos por toda Galicia. Aquí vos deixamos os lugares sobre os que investigaremos:






viernes, 2 de octubre de 2020

Mochilas Viaxeiras

 Aínda que este curso as cousas non están sendo nada fáciles, o alumnado de 1º e 6º de primaria non queren renunciar a esta fantástica actividade: as mochilas viaxeiras comezan a súa viaxe!



Andel de novidades

 




jueves, 1 de octubre de 2020

Ata sempre Quino!


O debuxante arxentino, Joaquín Salvador Lavado,  Quino, morreu este mércores á idade de 88 anos no seu país natal. Creador das viñetas de  Mafalda,  Quino converteuse no debuxante en español máis recoñecido do mundo. Quino debuxou a  Mafalda durante nove anos, entre 1964 e 1973. "Pero nunca terminei de aprender a debuxala; tiña que  calcarla", contou hai algúns anos.



ALGUNHAS DAS SÚAS MELLORES FRASES

"Paren ao mundo, que me quero baixar"

"Se vivir é durar, prefiro unha canción dos  Beatles a un  long  play dos  Boston  Pops"

"Non é certo que todo tempo pasado foi mellor. O que pasaba era que os que estaban peor aínda non se deron conta"

"O malo da gran familia humana é que todos queren ser o pai""

Como sempre, apenas un pon os pés na terra, acábase a diversión"

"Din que o home é un animal de costumes, máis ben de costume o home é un animal"

"Todos cremos no país, o que non se sabe é se a esta altura o país cre en nós"

"Non será seica que esta vida moderna está a ter máis de moderna que de vida?"

"Soamos raparigos! Resulta que se uno non se apura a cambiar o mundo, despois é o mundo o que o cambia a un!"

"Mais que planeta, este é un inmenso  conventillo espacial"

"E por que habendo mundos máis evolucionados eu tiña que nacer en leste?"

"O peor é que o empeoramento empeza a empeorar"

"Sempre é tarde cando a dicha é mala"

"Temos homes de principios, mágoa que nunca os deixen pasar do principio"




Preme na imaxe para saber máis.