martes, 30 de octubre de 2018

Samaín

Estas semanas a biblio presenta un aspecto diferente, nótase que estamos na semana terrórifica do ano!!





lunes, 29 de octubre de 2018

Celebramos o Samaín

Se visitas a biblioteca estos días poderás disfrutar dunha selección de libros e películas relacionadas con estas datas.

Comproba se es tan valente como cres!🧙‍♂️🧙‍♀️🧟‍♂️🧟‍♀️


viernes, 26 de octubre de 2018

Exposición de bibliotecas

O proxecto anual lévanos a viaxar por todo o mundo. Propoñémosvos que traigades fotos de bibliotecas que vos gusten, que visitarades, ás que vaiades habitualmente... para crear un gran mural con imaxes de todos/as.

jueves, 25 de octubre de 2018

Bibliotecas do mundo

Algunhas aulas están a preparar as súas aportacións para o mural "Bibliotecas do mundo":

miércoles, 24 de octubre de 2018

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares; festexámolo cunha pequena exposición de Bibliotecas do Mundo que nos prestou a BIBLIOTECA PÚBLICA DE VIGO JUAN COMPAÑEL:

Comezamos así coa primeira actividade do Proxecto Anual: A VOLTA AO MUNDO!


lunes, 22 de octubre de 2018

Clubs de lectura

Esta semana comezan os clubs de lectura. Podes consultar os listados dos grupos e as datas de reunións no taboleiro da biblioteca.

Boas lecturas!!!

lunes, 15 de octubre de 2018

Kalandraka TV

Kalandraka presenta un novo proxecto: KALANDRAKA TV. ç
Trátase dunha canle de televisión dixital sobre literatura infantil e xuvenil con entrevistas, reportaxes, actualidade, recomendacións literarias...



jueves, 11 de octubre de 2018

Mochilas viaxeiras

Este ano as mochilas viaxeira levarante de viaxe polo mundo. Estos son algúns dos libros dos que poderás disfrutar:
 Serviranche para achegarte ao tema do proxecto anual!

lunes, 8 de octubre de 2018

Clubs de lectura

Aqueles que queirades participar nos clubs de lectura podedes recoller a ficha de inscrición polos corredores do cole:

Recorda que o11 de outubro é o último día!

viernes, 5 de octubre de 2018

Mochilas Viaxeiras

Rematamos a semana entregando as mochilas viaxeiras.
Como novidade, nesta ocasión levan un libro relacionado co proxecto anual: A volta ao mundo.
Agardamos que disfrutedes moito con elas! Vémonos en xuño!


jueves, 4 de octubre de 2018

Xornadas de formación

Hoxe tocoulle o turno aos auxiliares de biblioteca. Comezamos as xornadas de formación de usuarios. Aquí vos deixamos unha imaxe do atentos/as que estiveron:


miércoles, 3 de octubre de 2018

Maletas Viaxeiras

Como cada curso, as maletas viaxeiras percorrerán as aulas cargadas de materiais de ciencias. Desde hoxe, xa podes disfrutar delas!!
 

lunes, 1 de octubre de 2018

Comezamos...

Comezamos un novo curso cargado de sorpresas. O primeiro é coñecer o tema do proxecto anual. Fíxate no Xirahorario e atoparás o título: