miércoles, 30 de marzo de 2011

Manexo da enciclopedia.

Coñece o básico para informarte nunha enciclopedia. Preme na imaxe.

jueves, 24 de marzo de 2011

Distinción White Raven


Dous libros en galego, "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro, ilustrado por Ramón Trigo, da Editorial Xerais, e "Contos para nenos que dormen deseguida" de Carlos López e David Pintor, coñecidos como Pinto & Chinto, de Kalandraka, foron premiados coa distinción "White Raven", a de maior prestixio en Literatura Infantil e Xuvenil.


martes, 15 de marzo de 2011

Vídeo "O soldadiño de chumbo"... en galego.


Unha historia de amor... en clave galega.
Ambientado no museo do xoguete de Allariz, o proxecto conta coa música de Emilio Aragón e os deseños de Alfonso Costa e tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña.


A alianza de tres empresas, a Editorial Galaxia, Continental Games e Moonbite acaba de lanzar ó mercado unha revisión en clave galega do tradicional conto de Hans Christian Andersen O Soldadiño de Chumbo que presenta un innovador formato 2.0, con texto ilustrado, unha curtametraxe de animación e unha aplicación de Ipad.

viernes, 4 de marzo de 2011

CHEGOU O ENTROIDO!!!

Hoxe no cole celebramos o Entroido.
Brancaneves, moitos ananiños, os Picapedra, Peter Pan, Ali Babá e os oitenta ladróns, Pedro e o lobo... Pasámolo de maravilla.

ENTROIDO 2011 on PhotoPeach

jueves, 3 de marzo de 2011

SEMANA DA TROULA

Semana da Troula on PhotoPeach

miércoles, 2 de marzo de 2011

Actividades sobre o entroido.

Preme sobre a imaxe para informarte e facer actividades relacionadas co entroido. A CGENDL