viernes, 12 de octubre de 2012

Preparando a biblioteca para o 24 de outubro...



Como sabedes o día das bibliotecas é o 24 de outubro, e como todos este anos ese é o día oficial da apertura do curso escolar nesta dependencia do colexio.
O lema deste curso 2012/13 é Biblioteca escolar, acelerador de innovación, ilustración do deseñador galego, Andrés Meixide. 

Como novedades contamos cunha nova responsable Chus Díaz, que coordina ao dinámico equipo de cursos anteriores, que fará posible todas as actividades que aparecen recollidas na PXA e no programa de Mellora de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia para este curso escolar. 

Contamos tamén cunha nova organización dos materiais e mobiliario, no espazo... Xiralibro pensa que hai unha mellor visibilidade de todas as actividades que se están a facer: consulta ordenador, lectura e consulta/documentación na zona central, préstamo dos libros dos ciclos...
 Que opinades?

No hay comentarios: