Mostrando entradas con la etiqueta escritoras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escritoras galegas. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de marzo de 2023

Visita de Rosa Aneiros

Hoxe  volvemos ter a visita de Rosa Aneiros, a escritora do libro "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea", pero esta vez para poder conversar co alumnado de 5º.








jueves, 23 de febrero de 2023

Hoxe celebramos o Día de Rosalía

E despois de traballar sobre ela todo este mes, chegou o 23 de febreiro día da súa conmemoración.... E por que esta data? Porque como xa sabedes Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro de 1837.

Na hora lectora escoitamos os poemas gañadores do "Concurso de poesía Rosalía de Castro" e a canción realizada polo alumnado de 3º en música. Na entrada podedes ver estos poemas  e os debuxos gañadores do "Concurso de debuxo de Rosalía de Castro", inspirados na cor correspondente de cada curso. Tamén vos deixamos o enlace ao podcast para que as familias vos animedes a escoitalos.



Podcast Rosalía de Castro

Gracias a todos e todas pola vosa participación!!!!








domingo, 19 de febrero de 2023

Visita Rosa Aneiros

Esta semana, entre mandato do Meco e mandato de Meco, tivemos a sorte de ter unha visita moi especial, a visita de Rosa Aneiros.

Despois de que os de 3º leran o libro de "Catro plumas de dinosaurio", pudieron compartir a experiencia coa súa autora.


Esta é a reseña do libro por se te animas a lelo, está na biblioteca:

"Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá fuxir das gadoupas (e das cagadas) de diplodocus, triceratops ou pteranodons grazas á axuda de Diana, Matilde e un convidado inesperado: o fedello de Carlos, o máis malote da escola."

E aquí deixamos unhas fotiños do mércores:









Que teñades moi boas vacacións de Entroido!! 


sábado, 24 de octubre de 2020

Dia das bibliotecas Escolares

 Abrimos de novo as portas da biblioteca do Fleming despois de case oito meses no que os libros, uns bos compañeiros de viaxe, sentíronse moi solos, canto os botaron de menos,... sen a presencia das rapazas e dos rapaces que  a visitaban  en busca de boas lecturas para aprender e divertirse. 📚📚📚📚📚📚.

Este curso vai a ser "especial", pero non por iso imos deixar de disfrutar lendo.

Benvidos e benvidas de novo! 

Unha chea de libros agardan por tod@s nos andeis da biblio, pero con "sentidiño" e seguido as normas. 😷.

Seguimos celebrando e facendo visibles as escritoras galegas.


Aquí podes obter mais información premendo no nome da escritora.





Rosalía