Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas

sábado, 13 de enero de 2024

Novidades

Xa están dispoñibles as novidades de xaneiro.

 


domingo, 19 de febrero de 2023

Rematando os primeiros clubs de lectura

Esta semana tocounos despedir dous clubs de lectura para comezar cos novos. O pasamos moi ben gravando as recomendacións lectoras na radio. Esperamos que vos gusten!



domingo, 13 de marzo de 2022

Contos pola igualdade II

Xa está preparada a segunda caixa de contos en prol da igualdade. Agardamos que os disfrutedes moito!




viernes, 11 de marzo de 2022

Novidades

Hoxe estreamos un recuncho cunha selección de novidades para traballar as emocións.

Non esquezades botarlle un ollo cando veñades á biblioteca:



miércoles, 9 de marzo de 2022

Visita de El Hematocrítico

Hoxe os nenos e nenas de 2º compartiron un ratiño con El Hematocrítico, autor do libro que leron neste trimestre:


Estiveron moi atentos ás explicacións, disfrutaron da conversa e ao final levaron o libro asinado. Que ben  o pasaron!









martes, 22 de junio de 2021

Visita de Sabela Gago, Ledicia Costas e Eduardo Santiago.

 Rematamos o curso recibindo tres visitas:

  • Sabela Gago estivo co alumnado de 1º facendo unha animación sobre o libro A VACA DIXO MUA de Gloria Sánchez. Pasámolo xenial! Parabéns Sabela!





  • Eduardo Santiago conversou cos nenos e nenas de 6º sobre o seu libro O MUNDO MÁXICO DE LÍA


  • Ledicia Costas estivo cos grupos de 3º para falar e contarlle algúns segredos sobre os MINIMORTOS






sábado, 5 de junio de 2021

Visita de Eva Mejuto e de Antía Yáñez

 Esta semana tocou doble visita.

Por un lado, Eva Mejuto veu a falar cos nenos e nenas de 1º sobre 10 Gatiñas viaxeiras, un fermoso libro de poesía que vos animamos a ler se queredes viaxar por toda Galicia. 

No patio do cole agardáballe unha sorpresa a Eva, as gatiñas viaxeiras fixeron unha parada no Fleming:

 





E tamén tivemos un encontro virtual con Antía Yáñez, autora de Plan de rescate

Xeila, Hector, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio cando algo raro acontece. Escoitan un estrondo e a profeXoana decide ir comprobar que pasou. Pero ela desaparece. Onde estará? E o resto dos nenos e nenas do cole? Por que está a policía fóra? se queredes descubrilo, teredes que ler o libro.

   



jueves, 20 de mayo de 2021

Visita de María Canosa

Hoxe recibimos a visita de MARÍA CANOSA, autora do libro O LOBO RAMÓN.

    

Ramón é un lobo diferente dos demais, tanto nos gustos da comida coma nos de vestir. Por iso ás veces se sente só. Esta situación anímao a achegarse aos veciños, pero eles téñenlle medo por ser un lobo. Isto tráelle moitos problemas. Se queredes como remata o libro, teredes que lelo!








miércoles, 12 de mayo de 2021

Visita de Ramón D. Veiga

 Hoxe os nenos e nenas de 3º recibiron a visita de Ramón D. Veiga, autor do libro Meigas Fóra. Estiveron conversando e facendo preguntas moi interesantes sobre este fantástico libro que vos animamos a ler. Despois, Ramón adicou un tempo a asinar todos os libro. Moitas grazas!

 



Quedaron encantados!

sábado, 20 de marzo de 2021

Contos pola igualdade

 Xa está preparada a caixa de contos en prol da igualdade. Agardamos que os disfrutedes moito!





domingo, 9 de febrero de 2020

sábado, 11 de enero de 2020

lunes, 2 de diciembre de 2019

viernes, 21 de diciembre de 2018

Recomendacións lectoras para o Nadal

Marchamos de descanso uns días, pero deixámosvos aquí unha selección de libros para que adiquedes un anaquiño do voso tempo de lecer á lectura:



domingo, 29 de abril de 2018

Semana do Libro

Comezamos a semana celebrando o Día do Libro cun contacontos a cargo dos nenos e nenas do Club de Lectura de 4º "O Capitán Maimiño":
    


Seguimos cos apadriñamentos lectores:

E para rematar a semana, recibimos a visita de Pinto & Chinto, autor do libro "Minimaladas":