domingo, 29 de octubre de 2023

Novidades

 Ola a todos a todas!

Xa están dispoñibles as  novidades no andel da biblioteca, recordade que durante quince días as podedes consultar na sala e logo pasarán ao resto de andeis para que as poidades levar a casa.





domingo, 22 de octubre de 2023

24 de Outubro Día Das Bibliotecas

 Ola a todos e a todas!!

O 24 de outubro celébrase o Días das Bibliotecas co obxetivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor do persoal bibliotecario. Elixiuse este día para recordar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcanes en 1992. 

Para celebralo esta semana abrimos a biblioteca co horario xa completo. Esperamos que disfrutedes dela! Para axudarnos a recordar as normas recomendámosvos ver o seguinte vídeo elaborado polos encargados e encargadas da biblioteca de 6º: 

Vídeo

Gracias pola vosa colaboración!


Nubes de palabras horripilantes

 


Samaín

 Xa falta pouco para que chegue Samaín e o cole comeza a decorarse para esta data. Animámosvos a participar nas diferentes actividades.



Algúns e algunhas xa deixamos o noso medo no buzón.







sábado, 14 de octubre de 2023

Clubs de lectura

 Esta semana tamén comezamos os clubs de lectura. Despois das correspondentes reunións e de encher o buzón de inscripcións xa puidemos comezar. Estamos moi contentas porque sodes moitos/as as que ides a participar.

Os primeiros en estrear os clubs foron o club de lectura "Cocotibur" de 6º curso. Esperamos que disfrutedes moito desta historia!

Recordade que a próxima semana comezan os clubs de 5º.







Recreos na biblio

 Esta semana comezaron os recreos na bibio e poidéchedes estrear os xogos novos aínda que algúns e algunhas sempre prefirades os clásicos. Aquí deixamos algunhas fotiños desta semana.

Boa ponte!







Comezamos de novo coas mochilas viaxeiras

 Ola a todos/as;

Como xa sabedes, as mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe polas vosas casas. Esperemos que disfrutedes delas e nos contedes que é o que máis vos gostou. 

E en pouco máis dunha semaniña a biblioteca tamén estará aberta nas sesión de clase para que poidades estar máis tempo nela. Esperámosvos!



sábado, 7 de octubre de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO

Ola a todos e todas!!

Estades preparados/as para comezar esta nova viaxe? Este ano o proxecto anual do cole é "A máquina do tempo", co cal coñeceremos outras épocas, culturas, oficios, músicas, danzas... Temos preparadas moitas cousas que esperamos que vos gusten moito!
Dentro de moi pouco abrimos a biblioteca e esperamos que teñades moitas ganas de comezar a baixar.
O luns comezan os recreos na biblio e o martes os clubs de lectura. Vémonos!!!