viernes, 31 de mayo de 2019

Héctor Cajaraville, autor de Kusuma

Hoxe recibimos a visita de Héctor Cajaraville autor do libro Kusuma.
O alumnado de 3º pasou un ratiño conversando con el, compartindo impresións...


lunes, 27 de mayo de 2019

VI Quedada Literaria

Chegou o día! Hoxe os alumnos/as de 1º e 5º particpamos na VI Quedada Literaria: catorce centros e uns 1300 nenos/as!!
A Castrelos marchamos coas nosas lecturas, recomendacións e marcapáxinas para intercambiar. Pasámolo xenial:



jueves, 16 de mayo de 2019

Antón Fraguas

Celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano homenaxeamos a Antón Fraguas:
Retratos elaborados polo alumnado de 5ºA

Podedes atopar máis información nas seguintes webs:


Desde a nosa biblio, recomendamos algúns libros que atoparedes no recuncho adicado a Antón Fraguas da entrada do Cole, que en colaboración co Equipo de Normalización e  os nenos e nenas de 2ºD preparamos con moito agarimo:


E para os que o prefirades, aquí vos deixamos unha canción:

miércoles, 15 de mayo de 2019

Visita de Ledicia Costas

Que terán os libros de Ledicia Costas que ano tras ano lemos no Cole? "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina,  a nena defunta" ou "A Señorita Bubble" son algúns dos títulos escollidos polo noso alumnado.
Hoxe puidemos disfrutar dun ratiño de conversa con ela. Así a recibimos:

  




viernes, 10 de mayo de 2019

Recomendacións lectoras - Día do libro

Hoxe rematamos o mural de recomendacións lectoras:


Como este curso estamos a traballar no proxecto "A volta ao mundo de Magallanes e Elcano", pensamos que a mellor maneira de percorrer lugares é coa lectura. Por este motivo decidimos facer, coas aportacións de todo o alumnado do cole, este fermoso mural.

VIAXAR E LER...... O MELLOR PARA SABER

lunes, 6 de mayo de 2019

Canción "Xan sen medo"

Esta semana temos a VI Quedada Literaria no parque de Castrelos. Esta é a canción coa que remataremos a actividade:

viernes, 3 de mayo de 2019

Visita de Carlos Vila

Os nenos e nenas de 6º recibiron a visita de Carlos Vila Sexto, autor do libro "Hugo e o ladrón pantasma". Moi recomendable a súa lectura!!!!




jueves, 2 de mayo de 2019

Novidades

Novidades para este mes de maio: